Os dinosauros viviron no outro lado da galaxia

Unha científica da NASA amosa nun abraiante vídeo a situación do Triásico no movemento do Sistema Solar na galaxia Vía Láctea

Cando os dinosauros reinaban sobre a Terra, estaban moi sfastados de nós agora, a máis de 50.000 anos luz, que son casi 500.000 billóns de quilómetros. Porque na época dos dinosauros, o noso planeta estaba nun lado completamente diferente da galaxia. Unha nova animación da científica Jessie Christiansen da NASA amosa canto durou o reinado dos dinosauros. E tamén supón unha reflexión sobre o curta que é a era dos humanos en comparación. A orixinalidade da súa proposta supón rastrexar o movemento do noso sistema solar a través da Vía Láctea.

O noso Sol orbita o centro da galaxia, completando a súa rotación cada 250 millóns de anos máis ou menos. Entón, a animación de Christiansen mostra que a última vez que o noso Sistema Solar estaba no seu punto actual na galaxia, o Período Triásico estaba en pleno apoxeo e os dinosauros apenas comezaban a emerxer.

Publicidade

Moitos dos dinosauros máis emblemáticos deambularon pola Terra cando o planeta estaba nunha parte moi diferente da Vía Láctea.
Christiansen tivo a idea de ilustrar esta historia cando dirixía unha festa de observación de estrelas no Instituto de Tecnoloxía de California en Pasadena.

Esta escala de tempo astronómica resulta abraiante para comprender a antigüidade dos dinosauros

Os asistentes quedaron asombrados cando mencionou que o noso Sistema Solar estaba na banda oposta da galaxia cando os dinosauros deambulaban por este planeta. “Esa foi a primeira vez que me decatei de que esas escalas de tempo (arqueolóxicas, escalas de tempo de rexistros fósiles e escalas de tempo astronómicas) realmente coinciden”, dixo Christiansen a Business Insider.

Publicidade

“Entón tiven a idea de que podería mapear a evolución dos dinosauros a través da rotación da galaxia“. O vídeo resultante pon ambas as liñas de tempo en perspectiva:

Christiansen dixo que lle levou unhas catro horas facer a película usando animacións cronometradas en PowerPoint. Tamén notou un par de correccións menores ao texto no seu vídeo: os plesiosaurios non son dinosauros, e completamos unha órbita galáctica cada 250 millóns de anos (non 200 millóns de anos).

Con todo, o movemento galáctico é máis complicado. As outras estrelas e sistemas planetarios na galaxia tamén se están a mover, a diferentes velocidades e en diferentes órbitas. Os que ocupan posicións internas viran máis rápido que os das rexións externas. Ademais, a galaxia mesma esta a moverse a través do espazo, achegándose lentamente á próxima galaxia de Andrómeda.

“A animación fai que pareza que regresamos ao mesmo lugar, pero en realidade toda a galaxia avanzou moito”, dixo Christiansen. “É máis coma se estivésemos a facer unha espiral a través do espazo”.

Polo tanto, na rotación do Sistema Solar arredor do centro galáctico, non estamos a regresar a un punto fixo. É diferente da última vez que estivemos aquí, neste lado da Vía Láctea.

A Terra, con todo, non é drasticamente diferente. O máis importante é que continúa a ser compatible coa vida complexa. E unha boa razón para iso chega grazas ao camiño que facemos coa órbita galáctica. “O noso sistema solar non viaxa ao centro da galaxia, senón que regresa novamente. Sempre quedamos a esta distancia”, dixo Christiansen. Como resumo, con isto evitamos achegarnos ao terrible centro da galaxia, onde a vida probablemente non sobreviviría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027