Choven iguanas: a sorprendente advertencia meteorolóxica na Florida

As baixas temperaturas provocan que estes réptiles, de sangue frío, sufran unha especie de conxelación temporal e caian das árbores

Os fenómenos metorolóxicos poden sorprender por moito que esteamos habituados a eles. As temperaturas extremadamente baixas ou cálidas, o vento, as grandes ondas ou as épocas de chuvia e seca dan moito que falar nas conversas cotiás da xente en todo o mundo. Porén, o menos habitual é topar con sucesos que implican a animais como as iguanas nun evento producido polo clima.

Nestes días, o sur da Florida, onde se atopa a cidade de Miami, vai vivir unha das vagas de frío máis intensas dos últimos anos, nunha rexión habituada a temperaturas máis propias do Caribe. E hai algunhas especies de fauna, propias de latitudes tropicais, que van sufrir o impacto das baixas temperaturas. É o caso das iguanas, protagonistas dunha curiosa advertencia lanzada polo Servizo Nacional de Meteoroloxía (NWS).

Publicidade

Tal e como explican na súa mensaxe, as iguanas son animais de sangue frío, adaptadas a ambientes cálidos, e que desenvolven un curioso mecanismo de adaptación cando as temperaturas baixan moito. O seu fluxo sanguíneo vese practicamente paralizado, polo que fican inmóbiles, nunha especie de hibernación, ata que os termómetros volven subir e recuperan a súa actividade habitual.

A propia Organización Meteorolóxica Mundial (WHO) se fixo eco nas redes da curiosa advertencia, constatando xa os primeiros casos da “chuvia” de iguanas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un minuto e moitas incógnitas: a nubosidade media nas últimas tres décadas foi do 30% para o 12 de agosto

O meteorólogo Benito Fuentes indica que as formacións baixas e unha cobertura do 35% son as principais ameazas para a observación

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas

Baltasar Merino, o pioneiro da meteoroloxía galega que estudou as borrascas para evitar naufraxios

O xesuíta quedou consternado tras a morte de 105 mariñeiros en Portugal a causa dun temporal e propuxo que os patróns levasen barómetros nos barcos para anticiparse ás tormentas

A potente borrasca Benjamin provocará fortes ventos e baixada das temperaturas en Galicia

A comunidade queda fóra da influencia da depresión atmosférica, con ceos despexados e sen apenas precipitacións nas xornadas finais da semana