Facer vida a pé no barrio axuda a envellecer con saúde

Na cidade é relativamente fácil ser sedentario, en moitos casos unha obriga que vai en detrimento da saúde. Nos tempos nos que os municipios deseñan estratexias para que os cativos se atrevan a poñer o pé no asfalto para ir á escola -a máis recente, Santiago, antes, Pontevedra-, un estudo do Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals da Universidade de Barcelona vén de cuantificar o que supón para os veciños envellecer nun barrio que permite os trámites cotiáns sen botar man do coche.

Os barrios ‘camiñables’ teñen mellores índices saudables para os maiores

A investigación, asinada por Carmen Miralles e Oriol Marquet demostra a relación entre a vida activa, considerada esencial para a boa saúde, e a cidade accesible ao peón. O estudo retrata 164 municipios da zona metropolitana de Barcelona a través de 12.000 enquisas a veciños de áreas con comidades e servizos próximos e tamén doutras máis illadas e dispersas. A información recompilada amosa que os maiores que viven en rúas con servizos e comercios polas que se pode camiñar con facilidade, en barrios que o estudo denomina “vitais”, son máis activos, saen máis da casa e desprázanse máis que os que residen en zonas “non vitais”, nas que o deseño urbano non invita ao paseo. En concreto, nos barrios pouco “camiñables” os veciños de máis de 65 anos van a pé por un 56,8% dos seus desprazamentos, fronte ao 76,7% das rúas cómodas para os peóns.  O deseño urbano afecta máis aos homes de idade avanzada que ás mulleres. Segundo o estudo, até un 20% dos varóns de máis de 75 anos son persoas inmóbiles que non saen nunca do seu fogar.
O uso do coche tamén é distinto segundo os barrios: os vehículos particulares úsanse no 10,2% dos desprazamentos orixinados en áreas amables para o cidadán que camiña, pero esta porcentaxe elévanse até o 20,3% no caso dos barrios que polo seu deseño dificultan o paseo. A vida nun entorno vital implica camiña un 20% máis, unha media de 4,8 minutos máis ao día a pé que nas zonas non vitais. Ao final da semana, a diferenza entre uns e outros é duns 34 minutos máis de andaina -o consello da Organización Mundial da Saúde é de camiñar uns 30 minutos ao día para garantir un envellecemento activo e saudable.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mito dos 10.000 pasos: “Os beneficios na saúde percíbense dende os 3.000”

O profesor da UDC Eliseo Iglesias explica que os beneficios de camiñar teñen o maior impacto na saúde en torno aos 7.000 pasos, pero isto dependerá de factores como a intensidade do exercicio

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable