Estes amorodos NON son vermellos (aínda que os vexas así)

O noso cerebro identifica cores que ás veces non existen grazas ao fenómeno da constancia de cor

O fenómeno da visión non está só nos nosos ollos. Nin tampouco na luz que percibe a nosa retina. Porque o noso cerebro é o que interpreta a información que recibe. E tamén pode enganarnos. Así acontece coa imaxe que encabeza este artigo: ves uns amorodos vermellos? Pois non son vermellos. De feito non hai nin un só píxel vermello na foto. E tanto ten que agora saibas a verdade: o teu cerebro segue a ver os amorodos vermellos, porque supón que son normalmente desa cor.

Tampouco vai cambiar nada se ves a foto orixinal en branco e negro cun filtro azul. O teu cerebro seguirá a ver vermellos os da esquerda. E mesmo chega a imaxinar que os amorodos da dereita tamén teñan esa cor. Pero como é posible tanto engano?

Publicidade

A foto está tomada en branco e negro cun filtro azul. Non hai cor vermella.

A foto foi creada por Akiyoshi Kitaoka , un profesor de psicoloxía na Universidade Ritsumeikan en Xapón, que se especializa en crear ilusiones ópticas. E a explicación do fenómeno está na constancia de cor, un mecanismo polo que o noso cerebro axusta as cores, aínda que cambie a iluminación.

A constancia de cor é un exemplo de constancia subxectiva e supón unha característica do sistema de percepción humano que garante que a cor percibida dos obxectos permaneza relativamente constante en diferentes condicións de iluminación.

Publicidade

Unha mazá verde, por exemplo, parécenos verde ao mediodía, cando a iluminación principal é a luz do sol branca, e tamén á tardiña, cando a iluminación principal é vermella.

Isto axúdanos a identificar obxectos. A constancia de cor é un proceso que permite que o cerebro recoñeza un obxecto familiar como unha cor consistente, independentemente da cantidade ou lonxitude de onda da luz que se reflicte nun momento dado.

Así que, de xeito inconsciente, o cerebro tenta ver sempre as mesmas cores nos obxectos, mesmo se a iluminación é moi distinta. Non esquezamos que un dos primeiros obxectivos da visión é garantir a supervivencia. Por iso é vital que o noso cerebro identifique as cousas rápidamente, para o cal é fundamental a cor. E, con ela, o fenómeno da constancia de cor que nos fai ver vermellos os amorodos da foto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Onde nace a atención? A neurociencia ten a resposta

O cerebro organiza estímulos e dirixe o foco cara ao relevante mediante circuítos dopaminérxicos. Por Juan Pérez Fernández e Carmen Núñez González / UVigo

A USC e Cambridge descobren un mecanismo clave na neurodexeneración e na neuroreparación

O traballo publicado en 'Nature' suxire un cambio de paradigma na comprensión de enfermidades como a esclerose múltiple, o alzhéimer e o párkinson
00:06:10

Dopamina e lampreas: así descifra o CINBIO o sistema que inflúe nas nosas decisións e que nos fai sentir pracer

O grupo Neurocircuits investiga como o cerebro procesa datos novos e calcula o valor das nosas accións cun modelo animal de máis de 500 millóns de anos

Cando o sistema inmune ataca por erro o cerebro e sementa o caos na mente

As encefalites autoinmunes son un un grupo de patoloxías que cursan con inflamación cerebral