Venres 19 Abril 2024

Estas son as 6 cousas máis sucias que tocas todo o tempo

Reunimos os obxectos do día a día que teñen máis concentración de posibles patóxenos

De cativos, unha das primeiras cosas que nos aprenden é a importancia de lavar as mans. Porque axuda a previr a propagación de enfermidades. Pero non é doado decatarse da razón pola que o lavado de mans é tan importante: tocamos un número sorprendente de superficies sucias todos os días. Estas son algunhas das que concentran maior número de patóxenos e que tocamos todo o tempo:

A esponxa de cociña

Resulta que o que usas para lavar os teus pratos está cheo de bacterias. De feito, moitos microbiólogos identifícano como o elemento máis sucio en todos os fogares (moito máis que o asento do inodoro). As esponxas  son lugares ideais para a reprodución de microbios.

Publicidade

Un estudo da Fundación Nacional da Sanidade dos Estados Unidos atopou que máis do 75 por cento das esponxas estaban contaminadas con bacterias coliformes, o que indica unha contaminación fecal da mesma familia que a Salmonella e o E. coli. Campylobacter, a principal causa de enfermidades transmitidas polos alimentos nos EE. UU.

De feito, é recomendable usar lixivia para limpar a esponxa da cociña. E aquí podes ler o artigo publicado en Naturesobre os xermes que se atopan nelas.

A esponxa da túa cociña pode ser unha fonte de patóxenos.

O pano de cociña

Tras usar a túa esponxa, que xa vemos que está sucia, logo secas  as mans co pano de cociña. Pero moitas veces teñen os mesmos problemas que as esponxas, xa que tamén son húmidos, cálidos e entran en contacto coas partículas de alimentos. Un estudo atopou E. coli en máis do 25 por cento dos panos de cociña. Polo tanto, é recomendable lavalos despois de dous días de uso.

E aquí podes ler o estudo cientítico

A túa cama

Quen non disfruta descansando na súa cama envolto nas sabas? Pero cando os lavaches por última vez? As camas comparten moitas das mesmas características que as bacterias aman. Os seres humanos súan moito, polo que son húmidos e cálidos, ideais para bacterias e para o crecemento de fungos. O resultado é dabondo para ocupar un lugar de privilexio na nosa clasificación. Así que lave as súas sabas unha vez á semana, como din os expertos.

As asas do carriño da compra

O seu carriño da compra é perfecto para ir ao supermercado e tamén para transportar bacterias E. coli. Resulta que cando as persoas camiñan pola tenda de comestibles, coas mans potencialmente sen lavar, apañan comida, incluída a carne crúa envolta e calquera outra cousa que lles chame a atención. E con iso poden transferir algunhas bacterias non desexadas das súas mans ao carriño e viceversa. Un recente estudo descubriu bacterias como a E. coli en máis da metade dos carros.

Os picaportes das portas deben limparse.

Os picaportes das portas

A conclusión desta listaxe é clara: as cousas que nós e outras moitas outras persoas tocan frecuentemente coas súas mans pasan a ser focos de bacterias, especialmente se non se limpan con regularidade. Os manubrios das portas non son unha excepción.

Algunhas investigacións atoparon patóxenos potenciais nos pomos das portas. E un microbiólogo descubriu que, despois de colocar un virus no picaporte da porta dunha oficina, no prazo de catro horas ese mesmo patóxeno estaba presente na metade das superficies da mesma oficina.

Portacepillos

Metes na boca o cepillo de dentes e logo volves colocalo nalgún tipo de soporte. E resulta que ese pequeno porta cepillo de dentes é perfecto para atopar bacterias patóxenas. Un estudo atopou bacterias estafilocócicas no 14 por cento dos soportes de cepillos de dentes e mofos no 64 por cento.

Pero esta listaxe de elementos sucios que tocamos todos os días podería ser aínda maior. Non esquezas que o teu propio teléfono móbil está cheo de microbios. E outro tanto sucede co mando da túa televisión. Ou co rato do teu ordenador. Así que xa sabes o consello: limpa regularmente os obxectos que tocas habitualmente. E, por suposto,  non esquezas o consello que aprendiches de cativo: lava as mans.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da USC identifica os clons de ‘E. coli’ causantes de infeccións urinarias graves

O estudo busca axilizar a vixilancia etiolóxica hospitalaria e comunitaria destas doenzas, ademais de facilitar o deseño de vacinas

Desenvolto o mapa máis completo de interaccións para a supervivencia das bacterias

Os resultados revelan detalles ata o de agora descoñecidos destes mecanismos e ofrecen posibles dianas para o desenvolvemento de novos antibióticos

Os ‘pellets’, portadores de patóxenos que impactan nos moluscos: “Poden impedir o desenvolvemento embrionario”

Os microplásticos alteran a función das células inmunes en animais, facéndoos susceptibles a bacterias, virus e fungos

Achado un novo mecanismo de control do ciclo vital dos fagos

Científicos do CSIC describen un sistema que permite aos virus das bacterias alternar entre multiplicarse ou a latencia