Durmir sestas longas aumenta o risco de diabetes

A somnolencia diúrna e botar longas sestas durante o día están asociadas cun maior risco de diabetes tipo 2. Iso di unha investigación da Universidade de Tokio, presentada na reunión anual de 2015 da Asociación Europea para o Estudo da Diabetes (EASD). O soño é un compoñente importante dunha vida saudable, xunto cunha boa dieta e a actividade física adecuada. A somnolencia diúrna excesiva está moi estendida en todo o mundo, igual que o hábito de botar sestas durante o día, que adoitan ser breves, pero poden ir desde uns poucos minutos a varias horas. Algúns individuos botan esas sestas porque están excesivamente somnolientos durante o día como resultado dun trastorno do soño.

Unha sesta de menos de 60 minutos non ten incidencia para a diabetes

Neste novo estudo, liderado polo doutor Tomohide Yamada, realizáronse buscas en varios grandes arquivos documentais sobre saúde, entre eles o MEDLINE (a biblioteca nacional de saúde de Estados Unidos), a Cochrane Library, e Web of Science sobre artigos publicados ata novembro 2014 utilizando as palabras crave somnolencia diúrna, sesta e diabetes. Entre 683 estudos identificados inicialmente, un total de 10 foron considerados de boa calidade e incluíron a 261.365 suxeitos asiáticos e occidentais. Os estudos procedían de Suecia, España, Finlandia e Alemaña (somnolencia diúrna) e Estados Unidos, China e Alemaña (sesta).
Atopouse que a*somnolencia diúrna excesiva aumentar o risco de diabetes nun 56 por cento, mentres que unha sesta máis longa durante o día de 60 minutos ou máis elevou o risco nun 46 por cento. En contraste, unha sesta máis curta (60 minutos ou menos ao día) non aumentou o risco de diabetes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego descobre que algúns fármacos contra a obesidade teñen efectos beneficiosos no fígado

O CiMUS e a Universidade de Toronto investigan as aplicacións de substancias baseadas en GLP-1 en enfermedades hepáticas, o que permitiría elaborar tratamentos personalizados

Un equipo galego valida un sistema de IA para predicir o risco de desenvolver diabetes

GluFormer é produto dunha investigación internacional que acaba de publicar a revista 'Nature' e que conta coa participación da USC

O equipo galego que desafía a diabetes tipo 1: “O diagnóstico é demoledor”

O equipo de Iria Gómez Touriño investiga as causas da enfermidade autoinmune e busca novos fármacos orais

A carga glicémica dos alimentos predí como varía o azucre en sangue tras as comidas

Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiado (IDIS) analizou a resposta glicémica en 514 adultos