Confirmado: os gatos recoñecen o seu nome cando os chamas

Científicos xaponeses publican o primeiro estudo que certifica que estes felinos entenden o seu nome, aínda que ás veces pasen de nós

Quen convive cun gato sabe que atende polo seu nome só cando quere. A diferenza dos cans, que proveñen do lobo -un animal gregario– e que leva moito máis tempo acompañando ao ser humano, os felinos proveñen dos gatos salvaxes africanos e son individualistas. Todo iso contribúe a unha dúbida que nunca antes fora certificada pola ciencia: recoñecen os gatos o seu propio nome? Dende esta semana a resposta é afirmativa.

Sí, os gatos domésticos recoñecen o seu nome e distíngueno doutras palabras da mesma lonxitude e entoación, mesmo cando quen o pronuncia é unha persoa descoñecida para eles. Iso é o que conclúe un estudo realizado por un grupo de investigadores xaponeses liderado por Atsuko Saito, da Universidade de Sofía (Tokio), que acaba de publicarse na revista científica Scientific Reports.

Publicidade

Os gatos non fan tanto caso como os cans, pero iso non quere dicir que non saiban que os están chamando. O profesor Saito explica, nas súas conclusións, que os gatos puideron distinguir o seu nome e que tamén respondían a el cando era un descoñecido quen lles estaba falando, desmontando así a tese dos estudos anteriores que apuntaban que os felinos domésticos só recoñecen a voz dos seus donos.

A investigadora Kristyn Vitale explicou a ABC Australia que os resultados “teñen todo o sentido” xa que os novos descubrimentos non queren dicir que os gatos asignen un sentido de si mesmos aos seus nomes. Pero si saben que os están a chamar ou a dirixirse a eles. O problema é que, como son individualistas, moitas veces elixen non facer ningún caso.

Publicidade

Ata o de agora estudouse moito máis o comportamento dos cans e a súa comunicación coas persoas, chegando a demostrarse que estes animais poden chegar a recoñecer centos de palabras distintas se se lles adestra para iso.

Aquí podes consultar a investigación en Scientific Reports, do grupo Nature

E aquí ler máis sobre as palabras que comprenden os cans

Os cans entenden palabras mellor do que se pensaba

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras galegas revelan que o 70% dos solos europeos están contaminados por pesticidas

O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos

Un equipo galego valida un sistema de IA para predicir o risco de desenvolver diabetes

GluFormer é produto dunha investigación internacional que acaba de publicar a revista 'Nature' e que conta coa participación da USC

Ter can durante a adolescencia favorece a saúde mental e a empatía

Un equipo do Xapón relaciona o efecto emocional con cambios no microbioma, que inflúen no comportamento e nas interaccións sociais

Da Lanzada a Barreiros: levar o teu can á praia pon en serio perigo as aves acuáticas

Un estudo da USC revela que o 98% das perturbacións ás especies costeiras foron provocadas por animais domésticos soltos