Os cans entenden palabras mellor do que se pensaba

Adoitamos pensar que os cans reaccionan ás palabras como nun mero estímulo de Paulov. Teñen unha resposta cando escoitan uns determinados sons. Pero un novo estudo revela que comprenden as palabras mellor do que se pensaba. E tamén queda confirmada a súa vontade de aprender.

Por exemplo, cando lle dis “esquío” ao teu can, realmente está a imaxinar a un animal de cola espesa, ou están a responder á chamada baseándose en sinais como o ton de voz ou os xestos que estás a usar? Semella probable isto último, xa que non se sabe que a linguaxe funcione facilmente en todas as especies .

Publicidade

Pero, segundo un novo estudo, os cans poden ter polo menos certa comprensión das palabras que os humanos estamos a usar. Ao analizar cans dentro dun escáner fMRI que mide a actividade cerebral, a investigación amosa diferentes patróns cerebrais nos cans cando escoitan palabras que escoitaron antes, en comparación con palabras completamente novas.

Iso non é dabondo para suxerir que realmente están a imaxinar a un esquío cando escoitan a palabra, pero apunta a que acontece algún tipo de recoñecemento, baseado na palabra en si. O equipo de investigación di que é un paso importante para entender como os cans procesan a linguaxe.

Publicidade

O investigador Gregory Berns.
O investigador Gregory Berns.

“Sabemos que os cans teñen a capacidade de procesar polo menos algúns aspectos da linguaxe humana, xa que poden aprender a seguir ordes verbais”, di un dos integrantes do equipo , o neurocientífico Gregory Berns da Universidade de Emory en Atlanta. “A investigación previa suxire que os cans poden confiar en moitos outros sinais para seguir un comando verbal, como a mirada, os xestos e mesmo as expresións emocionais dos seus donos”.

O estudo utilizou 12 cans de diferentes razas, adestrados polos seus donos durante varios meses para distinguir dous obxectos, e para recuperar o obxecto correcto cando se dixo o seu nome. Unha vez que os cans demostraron que podían elixir o obxecto correcto cada vez, os investigadores pasaron aos experimentos con escáner fMRI.

Os investigadores pedíronlles aos propietarios que dixesen os nomes dos obxectos que os cans aprenderan, así como palabras absurdas que nunca escoitaran antes, como ” bobbu” e “bodmick”. Cada vez, sostiñan un obxecto: os obxectos cos que os cans foran adestrados, e tamén obxectos aleatorios como chapeus ou bonecas.

As palabras novas activaron rexións no cerebro dos cans que amosan o seu esforzo por aprender

Cando se xuntaron os resultados, amosaron que a actividade cerebral aumentou cando se dixeron e presentaron novas palabras e novos obxectos. O equipo di que podería ser porque os cans queren compracer aos seus donos e esfórzanse por entender o que se di.

“Esperabamos ver que os cans discriminan entre as palabras que saben e as que non”, di unha das investigadoras , Ashley Prichard, da Universidade de Emory. “O sorprendente é que o resultado é oposto ao da investigación en humanos: as persoas adoitan amosar unha maior activación neuronal para palabras coñecidas que para palabras novas”.

Aínda que o aumento da actividade cerebral foi constante en todos os cans cando se pronunciaron palabras novas, non sucedeu no mesmo lugar. Na metade dos animais apareceu no córtex parietotemporal, o que os investigadores cren que podería usarse co fin de distinguir entre os comandos. Na outra metade, a actividade cerebral aumentada apareceu noutros lugares: a través do córtex temporal esquerda (en humanos, vinculada ao procesamento de audio), a amígdala (manexo de emocións), o núcleo caudado (aprendizaxe e control motor) e o tálamo (para a transmisión).

Así que estamos moi lonxe de saber con certeza o que os cans realmente procesan ao escoitar a nosa charla. Pero parece que son dabondo intelixentes como para identificar polo menos algunhas das palabras que se lles din. “Os cans poden ter diferentes capacidades e motivacións para aprender e comprender palabras humanas”, di Berns , “pero parecen ter unha representación neuronal do significado das palabras que se lles aprenderon, máis aló dunha resposta pavloviana de baixo nivel”.

Podes ler a investigación
neste artigo de Frontiers in Neuroscience

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O teu can sobreviviría só na natureza?

Valerie desapareceu nunha illa australiana a onde fora de vacacións coa súa familia e 500 días despois constatouse a súa adaptación á vida salvaxe

O teu can ignórate? Esta é a mellor forma de chamar a súa atención (segundo a ciencia)

Investigadores austríacos demostran que sinalar e mirar fixamente un obxecto é a maneira máis efectiva de que as mascotas sigan as túas instrucións

Como os cans melloran a vida de pacientes psiquiátricos: o proxecto solidario da USC

Enfermeiras e veterinarias do Campus de Lugo realizan intervencións asistidas cos animais para demostrar os beneficios no benestar dos doentes

O meu can sofre ansiedade? Así podemos detectala e tratala

Ladrido excesivos, caída de pelo, tremores, agresividade... A ansiedade patolóxica pode manifestarse con múltiples síntomas