Chega a eclipse de Lúa máis longa do século

Xullo perfílase como un excelente mes para os seguidores da astronomía. Porque, durante a noite do 27 e 28 de xullo , chega a eclipse lunar máis longa rexistrada no século XXI. Os astrónomos esperan que a eclipse total dure 1 hora e 43 minutos completos, sumados á eclipse parcial, que acontece antes e despois da fase da eclipse total, cunha duración de 3 horas e 55 minutos.

Unha eclipse lunar ocorre cando o Sol, a Terra e a Lúa están aliñados e a sombra da Terra escurece o noso satélite natural. Esta eclipse particular durará tanto tempo porque a Lúa pasará directamente pola rexión máis escura da sombra da Terra, coñecida como a umbra, que tamén lle dará á Lúa un brillo avermellado que nos Estados Unidos denominan “lúa de sangue”.

Publicidade

A lúa chea de xullo acontecerá ao mesmo tempo que o apoxeo da Lúa, que é cando a Lúa chega ao seu punto máis afastado da Terra na súa órbita mensual. Será a lúa chea máis pequena e máis afastada do ano, o que significa que a Lúa tardará máis tempo en atravesar a sombra escura da Terra, facendo que a eclipse dure máis tempo.

Só uns días despois da eclipse lunar, Marte pasará pola Terra no seu punto máis próximo a nós desde 2003. O 31 de xullo, o Planeta Vermello estará a só 57,6 millóns de kms de distancia da Terra, o que o fará claramente visible sen axuda de telescopios nin prismáticos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns