Xoves 7 Decembro 2023

A alerxia á wifi non existe: é un ‘nocebo’

A electrohipersensibilidade, máis coñedida como “alerxia á wifi”, é a presunta intolerancia ás conexións sen fíos e ás ondas electromágnéticas. Pero as evidencias científicas apuntan a que non existe. Todos estudos levan a pensar que se lle deu nome a unha doenza que non é real. Aínda que o efecto ‘nocebo’ poida estar na orixe desta polémica. E que un tribunal de Madrid a recoñecese nun caso do 2011.

Dúas autoridades na comunidade científica, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Comité de Expertos da Unión Europea, negan categóricamente que exista a alerxia á wifi ; sosteñen que non está probada, malia que exista unha lenda urbana ao respecto. Porén hai persoas que din sentir síntomas coma dores de cabeza, mareos ou vómitos cando senten a presenza de campos electromagnéticos. Pero os estudos realizados ata agora demostran que eses mesmos ‘doentes’ non poden distinguir cando están en presenza do electromagnetismo. As probas de dobre cego amosaron tamén que moitos reaccioaban xusto cando non había radiación. Pero algúns médicos conclúen que, cando os síntomas existen, poden deberse a un efecto psicolóxico.

Publicidade

A polémica saltou xa aos tribunais. En xaneiro de 2017, o Xulgado do Social número 1 de Lleida, tratou o caso de Rosa C.T, unha funcionaria administrativa da Generalitat, que solicitou unha pensión por incapacidade permanente, despois de tres anos de baixa. Non foi o primeiro caso. A pioneira en España foi no ano 2011 Minerva Palomar, a actual presidenta da Asociación Electrosensible polo Dereito á Saúde (EQSDS). Un xulgado do Social de Madrid deulle unha invalidez permanente por síndrome de fatiga crónica e fibromialxia. E engadiu a estas doenzas a “síndrome de hipersensibilidade electromagnética e ambiental”. A sentenza avivou a polémica, porque os xuíces rebatían aos científicos.

[box size=”large”]Un informe da Organización Mundial da Saúde xa desbotou esta ‘alerxia’ no 2005[/box]

En abril de 2017, publicouse un informe demoledor do Comité Científico Asesor en Radiofrecuencias e Saúde (CCARS). A chamada ‘alerxia á wifi’ non existe. Así o aseguraba o epidemiólogo Francisco Vargas: “Hai que dicir as cousas con claridade: todos os estudos ben feitos, que son os que valen, coinciden en que a probabilidade de efectos adversos é moi pequena”. Por outra banda, o Ministerio de Sanidade concluíu que a exposición a ondas por debaixo dos niveis establecidos “aínda que poidera inducir algunha resposta biolóxica en condicións experimentais, non está demostrado que poida implicar efectos nocivos para á saude”. A OMS xa certificara no 2005 que ‘non hai base científica’ para recoñecer a hipersensibilidade electromagnética e que non existe como diagnóstico médico.

CCARS realizou un informe que, tras revisar 350 estudos previos, asegura que non hai evidencia científica de que exista unha relación causal entre uso de aparatos electrónicos e risco de padecer cancro.

Malia que a alerxia á wifi non existe, a comunidade científica si recoñece que hai persoas que din sentir síntomas que os doentes atribúen ás ondas electromagnéticas. Pero que poderían ter outra orixe, fundamentalmente psicolóxica. O epidemiólogo Francisco Vargas di que se produce un efecto nocebo, contrario ao placebo, cando “moitas persoas, por ter unha antena cerca e ser conscientes delo, comezan a experimentar dor de cabeza ou outro tipo de sintomaloxía”. Os efectos que se describen desta suposta alerxia son moi diversos e coinciden con moitas outras enfermidades. Os que din sentir ‘alerxia á wifi‘, en realidade o que precisan é outro diagnóstico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alerxias ao sol: que as provoca e como actuar

O sol non sempre é beneficioso, sobre todo cando a nosa pel xa non está acostumbrada a expoñerse a el

Reaccións máis graves e novos alérxicos: así está sendo a tempada das gramíneas

A investigadora da UVigo María Fernández asegura que a concentración das partículas é maior do habitual e aumentará nos próximos días

As alerxias alimentarias asócianse a un menor risco de infección por SARS-CoV-2

Un estudo realizado polos Institutos Nacionais de Saúde dos Estados Unidos demostra que teñen un risco 50% menor de contraer o coronavirus

É posíbel unha vacina para poñer fin á alerxia aos cans?

Científicos xaponeses lograron identificar algúns compoñentes moleculares que poderían ser os desencadeantes das reaccións nas persoas alérxicas