A NASA pagará 16.000 euros a 24 persoas por estar 60 días na cama

O experimento pretende estudar as consecuencias para o corpo humano das grandes viaxes espaciais

A NASA pagará case 16.476 euros a 24 persoas voluntarias por estar dous meses na cama. E aínda que isto parezca un soño para os preguiceiros, en realidade será unha vivencia moi difícil de aturar e da que esperan obter importantes resultados científicos.

A investigación da NASA vai facerse conxuntamente coa Axencia Espacial Europea para comprobar os efectos da falta de gravidade no corpo humano. Nun comunicado explican que sete destes experimentos “serán conducidos por grupos de investigación liderados por europeos, para validar os achados na Estación Espacial Internacional durante misións futuras”.

Publicidade

No estudo participarán 12 homes e 12 mulleres, que estarán nunha cama cunha inclinación de 6° por baixo da horizontal, durante 60 días consecutivos baixo a supervisión de investigadores médicos, que terán a tarefa principal de cerciorarse que as persoas estean a tocar todo o tempo o colchón cando menos cun dos seus dous ombreiros.

Tamén se investigará a función cardiovascular, o equilibrio, a forza muscular, o metabolismo e o rendemento cognitivo das persoas. Para poder postularse neste estudo debe cumprir con varias condicións, entre elas, debe ter entre 24 e 55 anos idade, non ter problemas de obesidade, medir entre 1,53 e 1,90 metros e, no caso da investigación europea, dominar o idioma alemán, xa que o experimento será coordinado pola Axencia Espacial Alemá.

Publicidade

Como explican os responsables do experimento, “o corpo humano está deseñado para a eficiencia e reduce notablemente todas as súas funcións e recursos cando no se usan a medio e longo prazo”.

“A perda de forza e ​​a diminución da masa muscular que os atletas afeccionados comezan a sentir despois dunhas poucas semanas sen adestramento poden alcanzar niveis significativos entre os astronautas que viven nunha contorna sen peso durante as misións espaciais prolongadas”, explica a Axencia Espacial Alemá: “En ausencia de gravidade, prodúcese unha perda considerable de masa muscular e ósea, os fluídos corporais móvense cara á parte superior do corpo e redúcese a tensión en todo o sistema cardiovascular, o que leva a unha caída no rendemento”.

Por estas razóns, os voluntarios permanecerán 60 días na cama, de xeito que se poidan imitar en Terra os efectos da ausencia de gravidade no espazo.

Se queres participar no experimento, podes informarte e inscribirte na web do Instituto de Medicina Aeroespacial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo