A alerxia ó frío é a máis perigosa do verán

“As alerxias a certos alimentos, a insectos, a urticaria solar e a friaxe”. Eses son os catro tipos de alerxia de maior incidencia no período estival. A máis perigosa é a urticaria a frigore (polo frío), segundo conclúen varios estudos.

“No verán,  de produce ó bañarse de golpe na piscina, o río ou a praia”, explica o alergólogo Javier Monteseirín. “O paciente pode ter unha urticaria ou mesmo un shock que pode conducir á morte, polo que hai que ter coidado”, advirte. “Hai que destacar que esta alerxia é a responsable de bastantes mortes durante o verán e non se trata de cortes de dixestión, como aínda di moita xente”, continúa. A urticaria a frigore é a primeira causa de morte por reaccións alérxicas durante o verán.

Publicidade

“O paciente pode ter un shock que pode conducir á morte”

Con todo, a máis frecuente é o síndrome de alerxia oral pola inxestión de certos tipos de alimentos, como a froita ou a verdura”, explica. “Nos últimos anos esta patoloxía está a aumentar en proporcións xigantescas. Se hai 30 anos viamos un caso cada seis meses, hoxe poden pasar por consulta seis persoas por semana”.

Esta alerxia presenta:  picores, inflamación, dificultade ao tragar e ao respirar, ao comer algunhas froitas ou verduras. “Hoxe en día collen as froitas moi verdes e póñenas en cámaras frigoríficas. O problema é que a pesar de estar cortadas, estas seguen vivindo e crean proteínas de defensa parecidas á dos poles aos que son alérxicos, e por iso reaccionan ao inxerir estes alimentos”, sinala Monteseirín.

Publicidade

A urticaria solar increméntase có buraco na capa de ozono

Pola súa banda, “a alerxia aos insectos afecta ao 1.5% da poboación en España, aínda que se calcula que a sensibilización se duplique en dez anos”. Nestes casos sempre hai que acudir ao alergólogo para poñer unha vacina específica, xa que o risco de morte pode resultar moi alto se se ten unha reacción xeralizada con este tipo de picadura. Algúns pacientes deben levar consigo unha inxección de adrenalina por se existe unha picadura.

“A urticaria solar tamén está a aumentar en grandes proporcións como consecuencia do crecemento do buraco na capa de ozono”, afirma Monteseirín. “Para evitar a súa aparición debetomarse o sol con precaución e sobre todo evitar os raios solares de 12 da mañá a 5 da tarde”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a comida é veleno: alerxias alimentarias, un problema en alza

Cacahuetes, ovos e leite son produtos inofensivos para a maioría, pero para algunhas persoas son unha ameaza perigosa, mesmo letal

O 20% dos nenos galegos sofren alerxias, cos ácaros do po como a máis habitual

O cambio climático e o conxunto de factores aos que estamos expostos favorecen o incremento de persoas que a sofren

As choivas dan un respiro aos alérxicos ao pole, que enfrontan novas ameazas pola mimosa e o cambio climático

Alergólogos recomendan ás persoas con alerxias consultar as ferramentas de información que prevén a concentración de pole no aire

Coidado coas alerxias: dispáranse os niveis de pole en toda Galicia

Pontevedra e Ourense rexistrarán os índices máis altos durante a semana, causados polas gramíneas e as altas temperaturas dos últimos días