Varios gandeiros do municipio lucense de Friol sufriron nos últimos meses a perda de varios animais debido aos ataques dos lobos. A raíz destes incidentes, os tecores da zona solicitáronlle á Consellería de Medio Ambiente a realización dunha batida. Segundo adiantaba o diario El Progreso e confirman a GCiencia fontes da consellería, a acción xa foi autorizada, co obxectivo de rematar cos “danos recorrentes” que sofren as ganderías da zona. Está prevista que a caza se leve a cabo a finais deste mes ou comezos de febreiro, sempre segundo as directrices establecidas polo ente autonómico.
O municipio de Friol está encadrado na zona 1, segundo o Plan de Xestión do Lobo de Galicia, na cal, en base á normativa, poderanse realizar “controis puntuais” -é dicir, batidas- “non previstos na planificación, a solicitude das persoas afectadas polos ataques do lobo, no caso de danos recorrentes e tendo en conta os criterios establecidos a tal fin”. Nos últimos anos, varios medios de comunicación fixéronse eco dos ataques dos cánidos ao gando da zona.
Ante a inminente batida, a asociación Adega reclamoulle á Xunta a denegación da mesma. Califica este tipo de medidas como “de moi marcada excepcionalidade“, que “só debería ter lugar cando quedara demostrado non resultar efectivas a aplicación combinada de medidas preventivas e pagos por danos”. A entidade ecoloxista incide, deste xeito, en priorizar o asesoramento aos afectados por parte das administracións, para previr os ataques. E, por outra banda, tamén lle demanda á axilidade nos pagos polos danos causados polo lobo.
Respecto aos datos sobre a poboación do lobo, Adega lembra tamén que as cifras oficiais amosan “un estancamento” do número de exemplares.
En la batida a parte de matar un lobo joven también mataron un perro
Mais gando mostrenco e cabalos pro monte.
Establecementos en lugares puntuais de muladares onde depositar alimento . En Zamora na Serra da Serpe funciona este recurso.
O lobo temos que mantélo. Os pagos ós gandeiros damnificados deben de axilizarse.
Labor de educación medioambiental no colectivo de cazadores.