Venres 26 Abril 2024

A lectura en papel axuda máis á comprensión que a dixital

Unha investigación da Universidade de Valencia conclúe que en Primaria e Secundaria deberíase alentar a ler sobre todo en formado impreso

O grupo de investigación Estrutura de Investigación Interdisciplinar de Lectura (ERI) da Universidade de Valencia (UV) suxire que a lectura por lecer en papel axuda á comprensión máis que se se le en soportes dixitais. Nun artigo publicado na revista Review of Educational Research apúntanse os resultados dun traballo no que participaron máis de 450.000 persoas, que inclúe a recomendación de que en educación primaria e secundaria se alente a ler en formato impreso. Nesta metainvestigación revisáronse 25 estudos con 39 comparacións, realizados entre os anos 2000 e 2022.

“A principal conclusión é que os hábitos de lectura por lecer en pantalla relaciónanse minimamente coa comprensión lectora, o que contrasta coa relación positiva sólida entre hábitos de lectura en papel e a comprensión”, destaca Lidia Altamura, investigadora da ERI de Lectura da UV e primeira autora.

Publicidade

Wikipedia e as redes

“Polo que sabemos por outros estudos, a relación entre a frecuencia de lectura de textos impresos e a comprensión de textos é maior (entre 0,30 e 0,40) que a que atopamos para os hábitos de lectura dixital de lecer (0,05). Esto significa, por exemplo, que se un estudante pasa 10 horas lendo libros en papel, a súa comprensión será probablemente de 6 a 8 veces maior que se lese en dispositivos dixitais durante a mesma cantidade de tempo”, explican Cristina Vargas e Ladislao Salmerón, profesora e catedrático do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UV, respectivamente.

Ademais, segundo sinalan os investigadores, resulta “sorprendente” que a maioría dos hábitos de lectura dixital analizados (xa sexan aqueles máis relacionados nas redes sociais ou á lectura informativa) “mostraron asociacións mínimas coa comprensión de textos”.

Podíase esperar que a lectura con fins informativos (é dicir, visitar Wikipedia ou outras páxinas web educativas; ler noticias ou ler libros electrónicos) estivese moito máis positivamente relacionada coa comprensión, pero non é o caso”, segundo admiten.

Outra das conclusións do artigo é que a medida que gaña en idade (cando o alumnado está en bacharelato e na universidade), a relación entre lectura lúdica e comprensión de textos vólvese positiva.

Altamura, Salmerón e Vargas destacan, con todo, que o seu estudo baseouse en revisar outros traballos con fórmulas de medida da relación entre hábitos de lectura e comprensión de textos moi heteroxéneas, polo que remiten a novas investigacións para concretar con máis detalle a investigación.


Referencia: Do New Forms of Reading Pay Off? A Meta-Analysis on the Relationship Between Leisure Digital Reading Habits and Text Comprehension (Publicado en Review of Educational Research)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os homes len en galego 27 palabras máis por minuto que as mulleres

A filóloga Carme Hermida cre que elas son menos veloces porque practican unha lectura máis atenta ca eles

Intolerancia á gravidade, a última hipótese sobre a síndrome do intestino irritable

Este novo estudo pode abrir un camiño sen precedentes tanto na percepción da doenza como no seu tratamento

Descobren un trazo dos virus que os fai máis proclives a saltar de animais a humanos

Un estudo do CSIC e da Universidade de Valencia revela que os virus con envoltura lipídica posúen maior capacidade para infectar a múltiples especies

Biblioterapia: o poder dun libro sobre o teu cerebro

Unha iniciativa pretende ofrecer axuda persoal a través de libros axeitados para cada situación