Presentan o Xeoportal de Santiago, a radiografía xeográfica da cidade

Cartografía de Santiago en 1968, un dos documentos que se pode consultar na web. Fonte: Xeoportal.
Cartografía de Santiago en 1968, un dos documentos que se pode consultar na web. Fonte: Xeoportal.

O Concello de Santiago presentou este martes o Xeoportal, unha web que ofrece información urbanística, histórica e de servizos sobre a cidade e que está aberta a todos os cidadáns e profesionais de diversos sectores. Entre outras consultas, os veciños poderán coñecer sen ter que desprazarse ao consistorio, por exemplo “cal é a cualificación urbanística dunha finca determinada, cal é a administración titular dunha vía ou cal é a área de influencia de cada colexio da cidade”, segundo explica o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte. “É un instrumento vivo, no que se irá cargando a nova información que vaia xurdindo e que sexa de interese da veciñanza”, engadiu o edil.

Poden descargarse os planos da cidade, desde o máis antigo, de 1783

O Xeoportal conta cunha serie de visores destacados “feitos á carta”, unha ferramenta para a descarga de información, un apartado centrado no planeamento urbanístico, unha sección de ligazóns a outras infraestruturas de datos espaciais, e unha sección de Servizos OGC, máis dirixida a profesionais. Entre as súas utilidades máis salientables figura un xeolocalizador que foi elaborado polo propio Concello, e que polo tanto ofrece información máis exacta sobre o municipio que outros buscadores dispoñibles.

A páxina tamén ofrece recursos con importante interese histórico. Entre os visores que pode escoller o usuario para observar a cidade, inclúense os planos realizados no termo municipal desde o ano 1783, que poden ser descargados para a súa consulta detallada.

Ademais é posible ver as redes de servizo, como as de auga ou saneamento, e ás que proximamente se engadirá a do alumeado, os parques públicos, edificios municipais e outros puntos de interese.

Con esta iniciativa, o Concello busca achegarse ás indicacións sobre a transparencia informativa que promoven as institucións estatais e comunitarias. “As directivas europeas e a lexislación española apuntan a que a información cartográfica ten que ser accesible e gratuíta para a cidadanía, e con este instrumento cumprimos con ese mandato”, sinala o xefe da sección de Cartografía do Concello, Rogelio Canedo.

Modo cortina

Entre outros aspectos, destaca a posibilidade de empregar o modo cortina, na que se pode comparar o aspecto da cidade ao longo da historia, como se pode ver na imaxe.

Comparación entre o plano de 1783 e a cartografía de 2014 no centro da cidade. Fonte: Xeoportal Santiago.
Comparación entre o plano de 1783 e a cartografía de 2014 no centro da cidade. Fonte: Xeoportal Santiago.

2 COMENTÁRIOS

  1. Por desgraza outro exemplo de compra de tecnoloxías privativas por parte dunha administración pública. Un sin sentido a longo plazo que soamente nos hipoteca e nos foi tecnolóxicamente dependentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.