Un proxecto galego usa a intelixencia artificial para dar resposta aos desafíos ambientais

A investigadora Verónica Bolón lidera dende a UDC unha iniciativa sobre os "algoritmos verdes"

A investigadora Verónica Bolón, integrante do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC), é especialista en intelixencia artificial e actualmente está a desenvolver un proxecto sobre “algoritmos verdes”. É unha liña de estudo pioneira en Galicia e centrada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas baseadas en intelixencia artificial que dean resposta aos desafíos medioambientais máis urxentes.  

“O noso obxectivo é aplicar algoritmos verdes, ademais de intelixentes, tanto desde o punto de vista do seu deseño como desde a busca de respostas a retos medioambientais concretos, a campos como o da eficiencia enerxética e de recursos, a descarbonización ou a economía circular”, explica a experta.

Publicidade

“Os algoritmos verdes procuran que as emisións de carbono de internet sexan o máis baixas posibles”

VERÓNICA BOLÓN, investigadora do CITIC

A intelixencia artificial proporciona unha mellor análise da información e da toma de decisións, o que se traduce nun mellor seguimento das tendencias e impactos sobre o medio ambiente, axudando, por exemplo, a reducir o consumo de enerxía e de recursos  ou a promover a descarbonización. Con todo, a pesar do gran potencial da intelixencia artificial para dar solucións a estes retos, non hai que perder de vista ás ameazas que supón, como o elevado custo enerxético que pode significar a súa construción e a preocupación por cuestións como o potencial consumo eléctrico, que demandarán as TIC no 2030 e outras ferramentas asociadas ao blockchain.

“Neste contexto, os algoritmos verdes, estreitamente relacionados con conceptos como smart city ou cloud, estarán dirixidos a mellorar a sustentabilidade e a que as emisións de carbono de internet, e en particular da intelixencia artificial, sexan o máis baixas posible”, aclara Verónica  Bolón. 

Publicidade

En sintonía coa AESIA 

O Plan Nacional de Algoritmos Verdes forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Axenda España Dixital 2026 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial, cuxo obxectivo é promover o seu desenvolvemento, sentando así as bases para a creación dun ecosistema de excelencia que alberga a investigación científica e a innovación, o desenvolvemento de competencias e talento, o  despregamento de plataformas de datos e infraestruturas tecnolóxicas, a súa integración no tecido económico, o fomento do seu uso no sector público e o establecemento dun marco ético e normativo.  

A este respecto, o obxectivo principal da futura Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), con sede na Coruña, é a regulación dos aspectos éticos relacionados co uso da intelixencia artificial en diferentes sectores. “O noso proxecto, casa perfectamente coas directrices da Axencia ó procurar que a intelixencia artificial sexa o menos agresiva posible coa súa contorna”, apunta Bolón, facendo alusión aun dos propósitos do organismo de control en relación co aproveitamento responsable da intelixencia artificial.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos