Tres obradoiros para espertar a vocación tecnolóxica entre as rapazas

Están organizados polo CPEIG e Amtega e poderanse seguir en liña ou asistir de maneira presencial na Facultade de Informática da Coruña

Promover a vocación tecnolóxica entre as rapazas. Ese é o principal obxectivo do programa Mática, unha iniciativa promovida polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coas tres universidades galegas. Esta semana, ao abeiro deste proxecto, celebraranse tres obradoiros impartidos por enxeñeiras informáticas que afondarán en distintas áreas tecnolóxicas.

Os talleres arrancarán este mércores da man de Delfina Ramos Vidal, tamén estudante de doutoramento e cun Máster en Ciencia de Datos. O seu obradoiro leva por título “As posibilidades da informática: desde TikTok ata o ADN”. O xoves tomará o relevo Paloma Piot Pérez-Abadín, que é enxeñeira de software en Viesure Innovation Center. No seu caso, o taller centrarase no seguinte: “Construíndo aplicacións móbiles con AppInventor”. Este ciclo de obradoiros pecharase o venres 29 da man de Lucía Ramos García, doutora en Computación e docente na Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña (UDC). O seu taller estará enfocado á “Introdución á Visión Artificial”.

Publicidade

Formato híbrido

Para estes obradoiros apóstase polo formato híbrido, polo que as actividades se poderán seguir tanto de maneira presencial como en liña. No primeiro caso haberá que desprazarse ata a FIC. De preferir un seguimento online, as persoas interesadas poderán acceder a través de Zoom. Os horarios de todas as charlas son de 18,00 a 20,00 horas. Deben realizarse inscricións previas e poderase asistir de maneira individual a cada taller.

O programa Mática forma parte das iniciativas previstas no marco do programa Tech Kids, froito do convenio de colaboración asinado polo CPEIG e a Amtega para a posta en marcha de actividades de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías en Galicia. Ademais de intentar promover a vocación tecnolóxica entre as rapazas, busca crear unha comunidade de rapazas de entre 12 a 18 anos en Galicia que permita desenvolver as súas competencias no eido das TIC.

Publicidade

Un contacontos sobre ciberseguranza

Por outra parte, este luns finalizáronse as visitas a centros escolares dentro do programa Ciberseguranza Kids do CPEIG e a Amtega. O obxecto da actividade, destinada a estudantes de entre sete e doce anos, foi explicarlles que é a ciberseguridade a través dun contacontos dinámico e participativo. Uns 800 estudantes de todos os puntos da comunidade participaron nas 16 sesións celebradas en colexios das catro provinciasl.


Se quere inscribirse nos obradoiros pode premer na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A iniciativa solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía

Da saúde á loita contra os incendios: estas son as máis de 20 iniciativas con uso de IA da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica anuncia dez proxectos en fase de produción, e o resto en desenvolvemento, pilotaxe ou proba

O proxecto EDIH DATAlife forma a máis de 600 profesionais en novas tecnoloxías en Galicia

A iniciativa de Feuga promove a transformación dixital das pequenas e medianas empresas con 21 cursos impartidos

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía