Santiago acollerá o congreso de intelixencia artificial máis importante de Europa

Científicos de todo o mundo reuniranse no ECAI 2020, encontro organizado polo CiTIUS, que se celebrará entre o 8 e o 12 de xuño do vindeiro ano

Científicos de todo o mundo e empresas do ámbito da Intelixencia Artificial daranse cita en Santiago de Compostela para participar no congreso internacional ECAI 2020, que se celebrará na capital galega entre o 8 e o 12 de xuño do vindeiro ano 2020. Un acontecemento de extraordinario interese económico e social, promovido por EurAI (Asociación Europea para a Intelixencia Artificial – European Association for Artificial Intelligence), coa colaboración da AEPIA, e organizado por investigadores do CiTIUS.

O comité organizador do congreso, presidido por Senén Barro, director científico do CiTIUS, espera unha participación próxima aos 1.000 asistentes. ECAI2020 será un punto de encontro no que a investigación, a innovación e o emprendemento ao máis alto nivel mundial porán en común os últimos avances científico-técnicos na Intelixencia Artificial, coñecida como ‘a electricidade do século XXI’. En palabras de Senén Barro, “Santiago de Compostela convertirase meses días na capital mundial da Intelixencia Artificial”.

Publicidade

As visitas internacionais deron comezo esta semana cun encontro no CiTIUS que trouxo a Santiago os prestixiosos científicos Giuseppe De Giacomo (Sapienza Università Di Roma), responsable de programa de ECAI2020, e Jérôme Lang (Université Paris-Dauphine), presidente da conferencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS