Queres saber se a túa conta de correo foi ‘hackeada’? Consulta esta web

Xa podes saber se a túa conta de correo electrónico foi ‘hackeada‘. Un novo servizo creado por Mozilla, e bautizado como Firefox Monitor, permite consultar de xeito instantáneo se o teu mail foi violentado.

O novo servizo conta cunha base de datos de 3.100 millóns de direcións de correo electrónico que foron hackeadas. Abonda simplemente con introducir a túa direción para que a web te informe, cunha mensaxe en verde, de que a túa conta está limpa. Ou cun texto en vermello que significa que os teus datos e correos xa non están seguros.

Publicidade

Mozilla desenvolveu esta web coa axuda de Troy Hunt, un reputado experto no mundo da ciberseguridad, e creador da web haveibeenpwned. Nesta páxina pódese comprobar se a nosa dirección de correo foi atacada na internet e, por tanto, se é segura.

Firefox Monitor traballa coa base de datos de Hunt e incorpora algúns servizos novos, como a posibilidade de rexistrarse para recibir unha alerta no móbil, en tempo real, no momento en que a dirección sexa hackeada.

Publicidade

Aquí podes consultar

Firefox Monitor

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet

Os concellos que empregan as ferramentas de ciberseguridade da Xunta cuadriplicáronse nun ano

Na primeira metade de 2025 houbo preto de 2.000 alertas por posibles fraudes reportadas a entidades locais

A ciberseguridade do futuro chega a Galicia coa primeira comunicación cuántica na UVigo

Un equipo de atlanTTic crea a primeira canle de comunicación imposible de descifrar utilizando as propiedades da física cuántica