PAUL, o bebé de simulación para os profesionais da saúde de Santiago

A Facultade acolleu este xoves a presentación do novo equipamento da Área de Simulación Médica

A Facultade de Medicina da USC presentou este xoves 28 novo equipamento da área docente de Simulación Médica do centro, espazo que prestará servizo tanto ao propio centro docente como á Área Sanitaria de Santiago de Compostela e estará dirixida a profesionais da Medicina, Odontoloxía e Enfermaría coas súas relativas especialidades, dende o ámbito da formación de grao ata o da formación de posgrao e formación continua.

Entre o novo equipamento da área destaca PAUL, o primeiro simulador High emotion prematuro para unha formación realista en coidados críticos en neonatoloxía. Segundo o decano da Facultade, Julián Álvarez Escudero, é unha tecnoloxía moi avanzada e da que existen poucas unidades en centros docentes. Tamén se inclúe un simulador para adestramento en ecografía máis realista, versátil e integrado e o simulador CAE VimesixAR coas Microsoft HoloLens.

Publicidade

O espazo de simulación da Facultade de Medicina é unha achega importante á mellora do modelo educativo do centro compostelán, que incorpora ferramentas novidosas que simulan de xeito hiperreal e seguro situacións coas que o alumnado precisa familiarizarse, explicou o decano. Como tamén sinalou Álvarez Escudero, “nun futuro a curto e medio prazo, as unidades de simulación deberán estar plenamente incorporadas tanto ás institucións asistenciais como ás educativas. Deste xeito, estas áreas docentes están chamadas a atender a alumnado con necesidades e niveis de formación diversos, dende a simulación odontolóxica ata a obstétrica, a cirúrxica e de politraumatismo”.

Outro dos equipos incorporados é SECTRA, unha ferramenta de ensino e aprendizaxe interactiva que usa anatomía real e casos clínicos para desenvolver un pensamento crítico en capacitación clínica, e un adestrador de infiltración intraarticular do ombro para a práctica da inxección nos tecidos brandos utilizada para o tratamento das lesións e a artrite. O equipamento representa la anatomía normal con precisión (tanto por encima e por vía subdérmica) con fins de palpación.

Publicidade

O reitor Antonio López Díaz presidiu o acto deste xoves, no que ademais de Julián Álvarez Escudero, tamén participou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Segundo expón a USC, a educación médica baseada na simulación é un campo en pleno proceso de desenvolvemento cuxa evolución nos próximos anos é imprescindible. A súa implantación permitirá reproducir situacións reais con pacientes dunha forma guiada e controlada. En palabras do reitor Antonio López, a nova dotación permitirá á Facultade de Medicina seguir loitando por manter os éxitos que a teñen situado na elite da formación médica en España. A incorporación de novos recursos como os presentados hoxe xunto coa aposta decidida polo capital humano do centro resumen dúas liñas de traballo capitais para a USC no relativo á Facultade de Medicina.

O secretario xeral de Universidade lembrou, pola súa parte, que a de Santiago de Compostela é a Facultade de Medicina máis grande de España por número de estudantes, polo que mostrou o compromiso da administración autonómica para “tratar que a un centro desa dimensión lle corresponda un equipamento e instalacións acordes”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O proxecto EDIH DATAlife lanza formacións para a adopción de tecnoloxías clave en Galicia

Os primeiros cursos, que se celebrarán ata xullo, están dirixidos aos sectores da acuicultura, agroalimentario, saúde-coidados, biotecnoloxía e forestal-madeira

Traballar con cadáveres na ciencia: así funcionan as doazóns en Galicia

Os expertos piden un marco legal específico na materia despois de que saltasen as alarmas pola trama de tráfico ilegal de corpos en Valencia

Unha ponte entre a cidadanía e a ciencia

O reitor da Universidade de Santiago felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario

Antonio López encara o seu segundo mandato na USC tras ser reelexido reitor

O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, único candidato nos comicios, obtivo un total de 1.636 votos