Unha ponte entre a cidadanía e a ciencia

O nacemento dun medio de comunicación serio e rigoroso é sempre unha boa nova para Galicia, xa que achega unha perspectiva sobre a realidade que enriquece a diversidade informativa e, polo tanto, incentiva a saúde democrática da sociedade galega.

Estamos de parabéns porque podemos celebrar o décimo aniversario da publicación dos primeiros artigos de Gciencia. Dous lustros despois, comprobamos que aquela iniciativa tense convertido nun piar fundamental da escena mediática científica galega.

Publicidade

Gciencia é, sen dúbida, garante do acceso en lingua galega ao coñecemento científico especializado, sendo ponte entre a cidadanía, a ciencia e as persoas que dedican a súa vida a conseguir que avancemos cara a un futuro mellor co seu traballo. Pero, ademais, Gciencia é un dos principais medios cos que a cidadanía galega conta para loitar, da man do rigor, contra as epidemias de información, ou infodemias, relacionadas con temas de carácter científico especializado como vimos nos últimos tempos, por exemplo, no caso da pandemia mundial causada pola irrupción da covid-19.

É innegable que o feito de que calquera galega ou galego poidan ler na súa lingua os últimos avances científicos é fundamental para a configuración da identidade da Galicia do presente e do futuro como unha sociedade crítica.

Publicidade

Por estes motivos, e outros moitos, longa vida a Gciencia!

Antonio López
Antonio López
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos