Unha web do Ministerio de Cultura escolle as cinco paisaxes “identitarias” de Galicia

Cales son as cinco paisaxes “identitarias” de Galicia? Segundo o Instituto de Patrimonio Cultural de España (IPCE), son as seguintes: o cabo Fisterra, as serras do Suído e do Faro de Avión, o Monte de Santa Trega, a Ribeira Sacra e os Ancares. Cinco exemplos, segundo o IPCE, dos “procesos de interacción máis extraordinarios entre o home e o medio ambiente”.

Estes cinco lugares aparecen mencionados no proxecto “Narrando paisaxes”, unha web cun mapa interactivo no que se amosan 100 enclaves de todo o territorio español que destacan pola súa importancia no desenvolvemento cultural. A iniciativa forma parte do Plan Nacional de Paisaje Cultural, e está impulsada polo Grupo de Investigación de Paisaje Cultural da Universidad Politécnica de Madrid, co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt).

Publicidade

Ficha correspondente ás serras do Suído e do Faro de Avión.
Ficha correspondente ás serras do Suído e do Faro de Avión.

Para cada unha das paisaxes, o proxecto destaca unha serie de valores asociados (acontecementos sociais e históricos, grandes infraestruturas, actividades comerciais, agrícolas, gandeiras, industriais ou defensivas/ofensivas).

Podes consultar o proxecto completo neste enlace.

Publicidade

2 COMENTÁRIOS

  1. Unha das pisaxes mais identitarias de Galicia é a deixada pola explotación das louseiras en Barco de Valdeorras, Courel e Rande (Ortigueira). Se pode ver desde os satélites e marcan a zona da Terra onde mais se permite criando paisaxes interactuados coa actividade de algúns homes. Esqueceuselle ao Ministerio de Cultura engadila

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla