Vigo tamén gañou o derbi galego do LOL

O pasado domingo, un gol de Iago Aspas deulle a vitoria ao Celta no derbi galego contra o Deportivo. Foi o máis seguido, mais non o único enfrontamento entre equipos da Coruña e Vigo que se viviu nunha competición nacional. A comezos de mes, o 5 de marzo, os Thunders de Vigo enfrontáronse aos Octopuses da Coruña na primeira xornada da OG Series University, a primeira liga estatal de deportes electrónicos. Nesta ocasión, na partida, coma no fútbol, tamén resultaron vencedores os vigueses.

Na competición participan 32 universidades de todo o Estado. Xogan ao League of Legends, un dos xogos en liña máis coñecidos da rede. Os representantes galegos son estes dous equipos de estudiantes, pertencentes a varias facultades da Coruña e Vigo.

Publicidade

“A verdade é que temos moi bo equipo, contamos con xogadores que teñen experiencia no ámbito profesional, como Yurneros e Epsyle”, conta ao DUVI Javier Carrera, alumno de Ciencias do Mar. Os Thunders vense con posibilidades no campionato, aínda que “é moi cedo para dicir que podemos gañar”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Existe a aura? Un estudo di que os seres vivos desprenden unha luz que desaparece ao morrer

Investigadores da Universidade de Calgary comproban en ratos que a bioluminiscencia dos organismos desaparece ao deixar de estar vivos

Dedos coma uvas pasas: engúrrase a pel das mans ca auga sempre do mesmo xeito?

Unha pregunta duns nenos levou a un grupo de científicos a mollarse para saber se a auga fai sempre as mesmas formas na pel

Un equipo da UVigo deseña un xemelgo dixital para mellorar a xestión da auga

O proxecto E-Hydro, que lidera a institución académica, prevé realizar simulacións para prever eventos futuros e avaliar o seu impacto

Un equipo da UDC propón unha metodoloxía para un transporte marítimo máis sostible

O sector move máis do 85% das mercancías a nivel mundial e as previsións indican que continuará medrando nos próximos anos