Unha nova iniciativa de Clúster TIC impulsa o emprendemento tecnolóxico galego

As propostas seleccionadas contarán co respaldo de socios da entidade para optimizar os seus modelos de negocio

Tech Angels é unha nova iniciativa empresarial lanzada desde Clúster TIC que busca promover a aceleración tecnolóxica de startups e ideas de negocio de calquera sector, a través dun convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O proxecto que se leva xestando desde fai ano e medio se pechou a finais deste verán e abriu o prazo de inscripcións para empresas o pasado mes de outubro. Dito prazo de solicitudes rematará o próximo 15 de decembro.

Proxecto multidisciplinar

En Tech Angels ten cabida calquera tipo de proxecto. Pode tratarse de iniciativas moi tecnolóxicas ou non. “O único requisito para as propostas é que sexan empresas ou startups de nova creación, non sirven proxectos que teñan cinco anos e aínda non despegaran” afirma o presidente da entidade, Antonio Rodríguez. Trátase dunha iniciativa que pon en valor as necesidades de crear unha base tecnolóxica sólida nos negocios. Pode ser unha empresa puramente tecnolóxica, por exemplo unha iniciativa en intelixencia artificial, que non teña os medios necesarios para tecnoloxía punteira, ou ben unha empresa dirixida a calquera sector (hostalaría, turismo, etc.) que queira adentrarse no mundo dixital.

Publicidade

Os socios do clúster porán a disposición dos proxectos seleccionados o seu coñecemento e experiencia no mundo das TIC. Cada socio tratará de aportar os seus puntos fortes. Segundo explica Rodríguez, “non coñecemos todas as posibilidades que ten cada socio” pero niso consiste Tech Angels, nós enviamos as propostas seleccionadas, e son os socios quen deciden se queren e poden colaborar nesa iniciativa. “Trátase dun proceso de matching que entendemos que será rápido”, comenta o presidente.

“A gracia de Tech Angels é que ten cabida calquera tipo de proxecto, os nosos socios tratarán de adaptarse ás diferentes iniciativas empregando os seus recursos”

ANTONIO RODRÍGUEZ, presidente de Clúster TIC Galicia

Cada socio investirá en tecnoloxía adaptada á startup ou idea innovadora seleccionada, dende software a hardware, pasando por aplicacións, plataformas dixitais e calquera ferramenta tecnolóxica que poida contribuír a potenciar o negocio. Cada socio segundo a súa experiencia previa en outros proxectos ou baseándose nos seus recursos ofrecerá asesoramento a cada novo negocio e a posibilidade de ampliar a súa rede de contactos. A medida que as empresas e ideas crezan e evolucionen, as solucións tecnolóxicas proporcionadas adaptaranse, garantindo así a súa innovación constante.

Fomentar o tecido emprendedor en Galicia

Son moitos os beneficios que pode ter unha iniciativa como esta. Con esta proposta, o Clúster TIC Galicia busca consolidar o tecido emprendedor tecnolóxico galego, con especial énfase en promover a integración, desenvolvemento e crecemento de startups no ecosistema dixital galego, garantindo así unha evolución constante e adaptada ás necesidades actuais. Neste sentido, esta iniciativa ten un triplo beneficio: para os negocios que presentan as suas iniciativas, é unha forma de dar a coñecer os seus proxectos e atopar solucións para todas as dificultades iniciais que poidan ter no seu lanzamento; para os socios do Clúster TIC é unha forma de axudar a novos emprendedores coa súa experiencia e participar en iniciativas de éxito; e, por último, é unha forma de promover o emprego tecnolóxico.

As propostas elixidas

O 30 de outubro abriuse o prazo para enviar os proxectos e este prazo estará aberto ate o próximo 15 de decembro. Desde Clúster TIC farán a elección das propostas dando como data límite para seleccionar as iniciativas o 9 de xaneiro. Como explicaba o presidente da entidade, no mes de xaneiro pero sen datas fixas todavía, terán lugar os discursos de presentación dos diferentes proxectos seleccionados e procederase á firma de acordos. O proceso de desenvolvemento que terá lugar a continuación será de carácter privado entre as dúas partes.

A iniciativa de Tech Angels, xorde da facilidade xurídica á que fai referencia o presidente do Clúster TIC: “Desde as primeiras conversacións vimos que sería fácil de implementar”. É un proxecto que non tiña precedentes xa que en ocasións anteriores se fixeran clubs de inversores, pero non tiñan a sinxeleza desta nova proposta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

Volve a Galicia o festival de divulgación científica nos bares

É un evento gratuíto e para todos os públicos que terá lugar os próximos días 22, 23 e 24 de maio na Coruña, Santiago, Lugo e Vigo

Tecnoestrés: un fenómeno real pero evitable

As tecnoloxías facilitan a nosa vida, pero o uso descontrolado pode afectar á saúde. Adaptación e organización son as chaves para protexernos

O Goberno confirma que A Coruña será sede da Axencia Española de Intelixencia Artificial

A cidade foi elixida por diante doutras candidatas, como Granada, Alacante e Xixón e convertirase nun dos referentes tecnolóxicos de España