Lanzan dende Alemaña a app de galego ‘O Ximnasio dos verbos’

Xa podemos adestrarnos para estar en forma coas conxugacións. Os verbos en galego non teñen segredos grazas á nova aplicación creada por dous profesores da Universidade de Heildelberg (Alemaña). Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González desenvolveron ‘O Ximnasio dos Verbos’, que naceu como un proxecto docente dentro das aulas de lingua e cultura galegas no Romanisches Seminar da Universität Heidelberg.

Ao abeiro desta institución, o Galicien Zentrum (adscrito ao Iberoamerika-Zentrum) leva máis de 30 anos desenvolvendo as súas actividades sobre Estudos Galegos nas áreas de Filoloxía Románica e de Tradutoloxía.  E, froito das súas actividades, xurdiu esta app, que se presenta “para que adestres o presente con alternancia vocálica e os verbos irregulares en galego”.

Publicidade

Dispoñible para a súa descarga en Google Play, e adaptable aos dispositivos Android, O Ximnasio dos Verbos presenta as conxugacións con toque de humor: “Co noso plano de adestramento -afirman- poderás retrucar como un/ha regueifeira e axiña serás un/ha Jedi dos verbos. Despois, o único que che quedará será axudar a outras persoas para que consigan o teu dominio do galego”.

A aplicación funciona sen necesidade de estar conectados, agás as definicións dos verbos e certas ligazóns, que requiren ligar cunha rede wifi ou de datos celulares.

Publicidade

“É subes ou sobes? Non te preocupes! Consulta todos estes verbos revirados e escóitaos”, convidan dende O Ximnasio dos Verbos. “Como máis vale experiencia que ciencia, ofrecémosche exercicios para que adestres os teus abdominais verbais”, comentan na presentaciónda app os profesores galegos impulsores da iniciativa.

3 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Encaixan os galegos nas claves sociais do Informe Mundial da Felicidade? “Somos sociedade de comunidade e empatía”

Os ritmos de vida actuais levan a compartir menos tempo cos nosos, un factor que a psicoloxía liga estreitamente co benestar emocional

Investigadores galegos redefinen o futuro das células solares

Un estudo da Universidade da Coruña abre a porta ao uso de materiais cun menor impacto ambiental e maior eficiencia

Poalla, babuña, froallo… Os 18 termos para falar da chuvia miúda en galego

Descobre os matices entre as diferentes palabras que fan referencia a un dos elementos sempre presente na comunidade

Un físico galego recrea as condicións das estrelas dende un laboratorio en Alemaña

Alejandro Laso emprega fontes de raios X para capturar o comportamento dos materiais a unha escala microscópica