Premio para o laboratorio virtual de química Funil.gal

O laboratorio virtual de química Funil.gal, unha iniciativa desenvolvida na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC polo grupo de innovación docente CienciaNosa, vén de ser recoñecido cun premio no congreso #INLUGO2016 na categoría de tecnoloxía polo seu bo uso de internet.

O xurado encargado de fallar este galardón, concedido pola Deputación Provincial de Lugo, distinguiu con este recoñecemento do congreso de novas tecnoloxías #INNLUGO 2016 o portal funil.gal, un espazo web de acceso aberto e gratuíto que consiste nun laboratorio virtual de química. O portal funil.gal, editado en galego ofrece novas ferramentas multimedia para o ámbito científico como son un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e unha serie de vídeos, nos que os usuarios poden visualizar procedementos, técnicas y desenvolvemento práctico en el laboratorio de química xeral.

Publicidade

Funil.gal presenta tamén unha serie de vídeos divulgativos sobre prácticas de laboratorio

A distinción acadada por funil.gal no marco do #INNLUGO2016 reforza asemade a boa acollida que está a rexistrar esta ferramenta educativa no espectro virtual que procura dotar a lingua galega de novas prestacións multimedia para o ámbito científico. Un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e unha serie de vídeos onde se visualizan dun xeito ameno os procedementos, as técnicas e o desenvolvemento práctico no laboratorio de química xeral son os principais recursos que ofrece este portal dixital de xeito aberto e gratuíto para todas as persoas interesadas.

O premio #INLUGO 2016 é o segundo galardón que colleita funil.gal, un proxecto xa galardoado previamente co X Premio Luísa Villalta, outorgado pola Universidade da Coruña, e que está a experimentar unha importante difusión, tanto no plano nacional como internacional, tal e como o proban as estatísticas de usuarios que acceden á web, así como o crecente número de descargas contabilizadas na súa canle de Youtube.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior