A igualdade de xénero nos videoxogos, a debate no campus de Ourense

“A industria do videoxogo segue lonxe dos estándares de igualdade que debería manter”. Tendo en conta esta premisa e a importancia dos videoxogos no ocio e na formación na sociedade actual e co obxectivo de contribuír a mudar o papel da muller neste sector, as docentes María Isabel Doval, da Facultade de Ciencias da Educación, e Alma Rodríguez, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, organizan os días 28 e 29 de novembro as xornadas Videogamificación e sexualidades: identidades, xéneros e discursos interactivos. Consecuencias para a industria e a educación.

Segundo explican as coordinadoras da iniciativa, “cada vez son máis as mulleres de peso na industria e as protagonistas femininas nos videoxogos e tamén son xa case a metade da porcentaxe de xogadoras habituais”. Porén, matizan, “as mulleres só conforman o 22% do sector de desenvolvemento e un 10% do cadro de competidores e competidoras profesionais en ligas”. Neste contexto, recalcan, xorde a necesidade tanto de dar a coñecer “o verdadeiro papel da muller na industria, da man de xornalistas, desenvolvedoras, estudantes, artistas e xogadoras profesionais”, como de “mellorar as competencias do futuro profesorado sobre gamificación inclusiva e dar a coñecer as posibilidades dos videoxogos para unha educación para todos e todas”.

Publicidade

“A industria do videoxogo segue lonxe dos estándares de igualdade”, sinalan as organizadoras

As xornadas Videogamificación e sexualidades, patrocinadas pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, contarán cun amplo programa no que se mesturarán conferencias, presenciais ou non, co desenvolvemento de diferentes mesas redondas e obradoiros prácticos, contando coa participación de expertos e expertas de diferentes eidos tanto do mundo profesional como académico. Deste xeito, a programación arrancará cunha conferencia sobre a reprodución de microculturas patriarcais e masculinidades hexemónicas a través dos videoxogos, de Jorge García, sociólogo da Universidade de Santiago de Compostela, e rematará cun obradoiro no que as persoas participantes xogarán a diferentes videoxogos para ver como se representa neles a sexualidade e levar a cabo unha análise crítica.

Ao longo das sesións buscarase “dar a coñecer boas prácticas de videoxogos inclusivos que cuestionan os imaxinarios sexuais, dar voz a todas as mulleres xogadoras que nalgún momento se atoparon con comentarios fóra de lugar e queren amosar xuntas que non é un problema individual, senón de todas e todos, e impulsar a participación das mulleres na programación de videoxogos”. Ademais de sensibilizar ao público asistente sobre a importancia dunha maior presenza da muller nos deportes electrónicos e nas ligas femininas e de analizar o discurso interactivo e lingüístico dos videoxogos desde o punto de vista da linguaxe inclusiva e da educación, as persoas participantes tamén terán a oportunidade nestas xornadas de deseñar un videoxogo inclusivo, sensible ás cuestións de xénero, en catro horas. As xornadas están dirixidas primordialmente, aínda que non de xeito exclusivo, ao alumnado. As persoas interesadas poden inscribirse de balde ata o 26 de novembro no enderezo electrónico videojuegosygenero@uvigo.es.

Publicidade

Podes consultar o programa completo de Videogamificación e sexualidades nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

Vigo como referente aeroespacial: o lanzamento da misión BIXO permitirá estudar a vida no espazo

O equipo de UVigo SpaceLab, apoiado por Zona Franca, analizará durante nove meses o comportamento de bacterias en condicións de microgravidade e radiación

A UVigo valida no Álvaro Cunqueiro unha tecnoloxía pioneira para medir a calidade do aire en tempo real

A solución, aplicada nunha sala de espera do hospital vigués, combina sensores de baixo custo e algoritmos avanzados

O sueste de Ourense, entre as áreas de España con maior probabilidade de sufrir grandes lumes

Un estudo da UVigo baseado en máis de 120.000 simulacións alerta do impacto do cambio climático na evolución e intensidade dos incendios forestais