Un equipo galego usará intelixencia artificial para detectar contaminantes nas augas termais

Investigadores da UVigo lideran o proxecto Aquapred que predicirá a posibilidade de aparición de bacterias como a lexionela e a E. coli

Un equipo da Universidade de Vigo (UVigo) lidera un proxecto para detectar contaminantes en augas termais a través da intelixencia artificial. A iniciativa, denominada Aquapred, tamén conta coa participación de entidades de España, Portugal e Francia. Segundo os investigadores, o sistema realizará “un control preventivo automático sobre os elementos de tratamento da auga que non afecta ás súas propiedades medicinais”. Así mesmo, desenvolverase un modelo de deep learning para predicir a posibilidade de aparición de contaminantes como a lexionela ou a Escherichia coli nas augas termais.

Así o explicaron os responsables de Aquapred na presentación do proxecto, que se celebrou esta semana no Balneario Termal de Laias, en Ourense. Segundo explicaron dende o Departamento de Física Aplicada da UVigo, dende onde lideran o proxecto, Aquapred é multiterritorial, multidisciplinario e interdisciplinario de física, medicina, farmacia, química, bioloxía e informática e está enfocado á monitorización e control da auga termal e mineromedicinal dos balnearios. Tamén, a predición de contaminantes baseándose na dixitalización dos datos en tempo real dos parámetros fundamentais da auga mineromedicinal e a análise continua destes datos por un sistema de intelixencia artificial.

Publicidade

Segundo explican os promotores da iniciativa, que conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros, trátase de “aplicar tecnoloxías punteiras ao control e xestión das augas mineromedicinais nos balnearios termais do espazo Sudoe (sudoeste europeo), co triplo obxectivo de minimizar a posibilidade de presencia de contaminantes maximizando as propiedades medicinais das augas, incrementar a base científica sobre o comportamento das augas mineromedicinais e xerar un produto exportable a todos os balnearios do mundo”.


Podes ler a noticia completa do DUVI na seguinte ligazón.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade