Google lembra a Emilia Pardo Bazán no 166º aniversario do seu nacemento

Tal día como hoxe, hai 166 anos, nacía na Coruña Emilia Pardo Bazán. Escritora, xornalista, crítica literaria, defensora dos dereitos das mulleres e, en definitiva, cronista do tempo que lle tocou vivir. Hoxe, a páxina de inicio de Google en España luce unha ilustración súa como homenaxe a esta data.

Retrato de Emilia Pardo Bazán en 1886.
Retrato de Emilia Pardo Bazán en 1886.

Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña un 16 de setembro de 1851 no seo dunha familia nobre cun importante pasado fidalgo. Con só 17 anos, en 1868, ano da Revolución Gloriosa, casou no Pazo de Meirás con José Quiroga Pérez de Deza. Ao ano seguinte, o matrimonio trasládase a Madrid debido á elección do pai de Emilia, José Pardo, como deputado en Cortes. Na capital do Estado entra en contacto co ambiente cultural da época. Non en tanto, a experiencia política de José Pardo dura pouco e, desencantado, marcha xunto á súa familia nunha viaxe por Europa que tamén inflúe na traxectoria literaria de Pardo Bazán.

Publicidade

Desde o comezo, os seus textos amosan a pegada da corrente do Naturalismo de Èmile Zola, amosando de xeito cru a realidade social da época. Critica, sobre todo, a discriminación da muller e a viciada moral sexual. Publica en 1883 La tribuna, crónica da vida das cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña, considerada a primeira novela social da literatura española.

A crudeza dos seus textos, especialmente La cuestión palpitante, provoca unha feroz crítica por parte do público que acaba afectando ao seu matrimonio. A súa defensa da muller, marxinada no eido educativo, laboral, e académico daquela época, faise cada vez máis notable. Sepárase do seu marido e dende entón reparte o seu tempo entre Madrid, cunha intensa vida social, e Galicia, sobre todo o Pazo de Meirás, onde pasa longas temporadas escribindo. En 1886 publica a que é a obra central da súa carreira, Los Pazos de Ulloa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla