Xoves 25 Abril 2024

A Coruña acolle o Congreso Internacional Big Data 2017

Canta información comparte o planeta por segundo? Cantos datos xeramos? Somos capaces de xestionar todo isto? A estas e a outras moitas cuestións darase resposta na terceira edición do evento internacional BIG DATA CORUÑA 2017.

Big Data amósanos un cambio de paradigma, pasando dun status quo onde a información só estaba ao alcance de grandes corporacións e en silos pouco ou nada conectados a unha situación actual dentro da sociedade da información na que se comparten e están accesibles grandes volumes de datos. Hoxe as tecnoloxías facilítannos a creación, distribución e manipulación da información e xogan un papel esencial nas actividades sociais, culturais e económicas.

Publicidade

A Facultade de Informática acolle este congreso con expertos internacionais

Este evento internacional, que se levará a cabo o 25 e o 26 de maio na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), congregará na nosa cidade a expertos en tecnoloxía e analítica de datos de todo o mundo en dúas interesantes xornadas que afondarán nos novos retos aos que se enfronta esta disciplina. Os seus contidos non só chamarán a atención da comunidade académica senón que tamén serán atractivos para empresas e organizacións, pois actualmente Big Data é un dos campos que máis interese esperta, tanto pola súa aplicación como pola súa posta en valor nunha ampla variedade de ámbitos.

Big Data Coruña 2017 está organizado por Amparo Alonso-Betanzos, presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial, Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e coordinadora do grupo LIDIA do CITIC; e David Martínez, investigador da área Big Data da University College London (UCL) e director da área de investigación de Spartan Data.

Á súa vez, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, a Rede Española de Big Data e Análise de datos escalables e a Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.

Participantes destacados

Paco Nathan, licenciado en Matemáticas e Computación pola Universidade de Stanford e Chief Learning Officer en O´Reilly Media de California. Un dos maiores expertos mundiais en Big Data con máis de 30 anos de experiencia na industria tecnolóxica.
Gema Parreño, científica de datos en BBVA, desenvolvedora en TensorFlow que deseñou Deep Asteroid, unha rede para detectar o impacto de asteroides sobre a Terra, finalista no concurso da NASA Space App Challenge 2016. Xunto a Santiago Saavedra impartirá un curso de TensorFlow.
Hamid Bouchachia, da Bournemouth de UK, afondará na aprendizaxe en streaming e tamén presentará resultados e experiencias do proxecto H2020 PROTEUS.
Dimitrios Athanasakis, a súa charla centrarase na xeración de frameworks efectivos de desenvolvemento ML.
Ricardo Cao, catedrático de universidade e profesor de Estatística e Investigación de Operativa da UDC, abordará a analítica de datos e a problemática de fiabilidade dos datos de orixe, así como as metodoloxías efectivas para loitar con este problema.
Leslie Kanthan expoñerá os avances no uso do Big Data e o aprendizaxe automático no sector bancario desde a sua experiencia na consultora británica DataSpartan.
Michael Bassios, de DataSpartan, centrará o seu relatorio na tecnología Blockchain.
David Martínez Rego, Data Scientist en Data Spartan e Research Associate na University College London.
Máis información: http://www.citic-research.org/actividades/big-data-coruna-2017.htm

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

“A oncoloxía de precisión detecta mutacións tratables en moitos cancros de pulmón”

Este xoves arrinca o V Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión. Entrevistamos a un dos seus coordinadores científicos, Sergio Vázquez Estévez

Social Minder, a ferramenta que detecta bulos da covid en redes sociais

A tecnoloxía desenvolvida polo CiTIUS monitoriza os contidos difundidos en Internet para analizar problemas como a desinformación