Clase de robótica e programación para os nenos hospitalizados

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia achega aos cativos unha sesión que terá lugar na aula hospitalaria do CHUS

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartirá este xoves, 16 de maio, unha xornada lúdica cunha clase de introdución á programación visual e robótica na Aula Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para os nenos e nenas que están hospitalizados, de 15.00 a 17.00 horas.

A clase estará impartida polo grupo de Tecnoloxía á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde do CITIC da Universidade da Coruña (UDC), coordinado polo colexiado do CPEIG Javier Pereira Loureiro. Con actividades deste tipo, relacionadas coas novas tecnoloxías, o Colexio profesional pretende fomentar o talento dixital dos nenos e nenas de toda Galicia. O taller é unha oportunidade para achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñaría en informática. “A tecnoloxía é moi atraínte e sorprendente para os nenos. A actividade axudará a romper coa súa rutina no hospital e a espertar o seu interese e ganas de traballar neste campo do coñecemento” –sinala Javier Pereira–.

Publicidade

Os participantes na sesión desenvolverán habilidades como a creación de mandos a partir de obxectos da vida cotiá

Durante a sesión, realizaranse unha serie de exercicios de programación con sinxelas funcións de realidade aumentada. Traballarase o acceso ao ordenador coa placa MakeyMakey transformando obxectos da vida cotiá –como froitas, utensilios de cociña ou as propias persoas– en mandos para utilizar os xogos deseñados previamente.

O obradoiro avanzará coa interacción co ordenador, usando outros dispositivos como o Micro:bit e o Adafruit Playground que permiten interactuar “sen fíos” e aproveitando os xiroscopios de que dispoñen para crear novas experiencias de control dos elementos que se poden ver nunha pantalla de ordenador. Ademais, probarán robots baseados no microcontrolador Arduino, como é o MBOT, onde os máis pequenos poderán ver como é posible cambiar o seu comportamento en función dos sensores integrados, como o son ambiental, a luz ou a distancia a obxectos do contorno.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Por que o inverno meteorolóxico empeza o 1 de decembro e o astronómico o 21?

A AEMET explica as razóns polas que as estacións definidas polo clima seguen un criterio fixo diferente ao marcado pola órbita terrestre

A UVigo promove o coidado do mar nas aulas de Vilaboa polo Día Mundial da Pesca

O alumnado do CPI do Toural participará en actividades gamificadas e artísticas no mes de decembro

A mestra de Ferrol que foi precursora do libro electrónico: “Era un ben común e universal”

María Luisa Souto conta a historia da súa avoa tras un evento da Universidade da Coruña no que se conmemora o 50 aniversario do seu falecemento