Kalandraka publica dous libros ilustrados de divulgación infantil

"Inventario de froitas e verduras" e "Viaxeiros" afondan no coñecemento dos vexetais e os animais migratorios

A editorial Kalandraka, especializada en literatura ilustrada infantil e xuvenil, presentou recentemente dúas obras de divulgación dirixidas aos máis cativos. Viaxeiros. Animais extraordinarios e Inventario ilustrado de froitas e verduras achegan á infancia e mocidade dous aspectos clave para coñecer mellor o noso entorno.

Viaxeiros. Animais extraordinarios

O libro, segundo explica Kalandraka, “permite acompañar os animais que por terra, mar e aire realizan as viaxes máis longas e arriscadas”. Travesías de de milleiros de quilómetros, cruzando continentes e océanos, entre onde pasan o inverno e a súa residencia de verán, ou dende as zonas de cría ás de alimentación. Outros fan traxectos curtos pero expoñéndose a toda clase de perigos e situacións.

Publicidade

A obra afonda, por tanto, en “asombrosas aventuras que poñen a probaa resistencia de cada criatura, a súa obstinada determinación e capacidade de orientación”.

Viaxeiros é unha obra escrita por Xulio Gutiérrez, ilustrada por Nicolás Fernández e traducida por Chema Heras.

Publicidade

Inventario ilustrado de froitas e verduras

Neste caso, o libro, escrito por Virginie Aladjidi, ilustrado por Emmanuelle Tchoukriel e traducido por Fernando Moreiras, reúne un cento de alimentos, que se poden comerc crus ou cociñados, entre os que están froitos, talos, bulbos, raíces, sementes, follas, flores, etc. e mesmo produtos, como tés, cafés, marmeladas ou chocolates, que se obteñen a partir das materias primas. No traballo tamén se afonda nas diversas clases de vexetais, como  as drupas (que teñen carabuña), as bagas (sen carabuña, pero con unha ou máis pebidas), os froitos con casca (como as noces), os cítricos, os legumes, as herbáceas e os tubérculos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Por que o inverno meteorolóxico empeza o 1 de decembro e o astronómico o 21?

A AEMET explica as razóns polas que as estacións definidas polo clima seguen un criterio fixo diferente ao marcado pola órbita terrestre