Por que pasamos de ‘verán’ a ‘inverno’ en só dous días?

Só dous días despois de rexistrarse máis de 35ºC en varios puntos de Galicia, está previsto que caia neve por riba de 1.200 metros

“É a primavera, non hai moito máis que dicir”, expón desde MeteoGalicia Alberto Romero. Porén, non deixa de sorprender a gran variación de temperaturas que Galicia experimentará en apenas dous días. Así, as predicións apuntan a que cidades como Ourense, nas que se chegou aos 35ºC esta semana, queden con máximas por debaixo dos 20ºC. E mesmo nas montañas máis altas se verá a neve: na noite do venres poderían caer folerpas por riba dos 1.200 metros en Ancares e O Courel.

“Estamos nunha situación que é habitual nestas alturas de ano – explica Romero -, unha loita de masas de aire quente coas frías. O anticiclón que tivemos estes días estase movendo cara ao leste, a Centroeuropa, e ocupa o seu lugar unha masa fría e húmida que se descolga desde Islandia”.

Publicidade

Como produto disto chegarán a inestabilidade atmosférica e a baixada forte de temperaturas. Así, mentres que na mañá deste mércores xa se superaron os 25ºC antes do mediodía en lugares como Antas de Ulla ou Lalín, o venres e o sábado farán falta as chaquetas: a predición apunta a que en lugares como Santiago, Lugo, ou Ferrol non se  superen os 15ºC.

Con todo, parece que para a vindeira semana os modelos apuntan á recuperación da infleuncia anticiclónica, con ceos máis despexados e subida de temperaturas.

Publicidade

Máis de 35ºC en Ourense

A baixada xeral de temperaturas chega despois de acadarse valores de máis de 35ºC, sobre todo na provincia de Ourense. Así, segundo a Aemet, a estación de Ribadavia marcou este martes 35,1 ºC, a segunda temperatura máis alta rexistrada en España, nunha lista ocupada na súa maior parte por localidades de Andalucía e Extremadura. Non en tanto, os máximos non son absolutos deste mes, xa que as estacións da Aemet e MeteoGalicia teñen medido máis de 37ºC noutros anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual