Viaxa no tempo para ver o cambio de Galicia dende 1984 con Google Timelapse

Xa é posible viaxar no tempo grazas a Google Earth Engine e o seu visor Timelapse. O mapa de Galicia comeza en 1984 e vai cambiando ata a actualidade. Son 32 anos de historia que aparece reflectida en estradas, edificios, portos, obras públicas… que van mudando a xeografía do país.

A nova aplicación de Google é ademais utilizable para calquera localización xeográfica, mesmo a calquera vila ou aldea. Podes ir ano a ano ou ver un vídeo formado polas novas obras que van superpoñéndose na paisaxe.

Publicidade

Para acceder ao Google Earthe Engine no seu visor Timelapse só tes que ir a esta ligazón e buscar a localización xeográfica que elixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos