Aeromedia, de Oleiros, primeira operadora con permiso para voos nocturnos de drons

Convértese na primeira empresa de España no sector que obtén autorización para estas operacións e tamén en espazos aéreos controlados

A empresa galega Aeromedia, con base no concello coruñés de Oleiros, acaba de converterse na primeira operadora de drons española en obter a autorización de Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para realizar operacións nocturnas e en espazo aéreo controlado. Aeromedia que xa contaba cos certificados ISO 9001 e 14001 ademais de estar certificada como PEME innovadora, continúa liderando o sector da tecnoloxía con drones, participando en multitude de proxectos nos últimos anos, nos que este eido tivo un gran impulso.

Aeromedia está cenntrada en operacións con drons e acumula centos de traballos en España e Portugal contando con máis de 20 pilotos especializados en diversas áreas. No ámbito internacional, está actualmente en Portugal, Nicaragua, Chile, e Armenia realizando traballos industriais e topográficos baseados en tecnoloxía LIDAR da que é referente como distribuidor oficial de Phoenix Lidar.

Publicidade

Do mesmo xeito, a empresa participa en proxectos de I+D dentro da Civil UAVs Initiative promovida pola Axencia Galega de Innovación (GAIN( na que está implicada en distintos desenvolvementos, en coordinación con centros de investigación, universidades e empresas, con traballos no ámbito da ordenación do territorio, melloras na toma de datos en aeroxeradores, loita contra incendios, etc.

Tamén participa en BFAero, a primeira aceleradora do sector aeroespacial impulsada pola Consellería de Industria, onde traballará con vehículos aéreos non tripulados “para realizar fotografías das tres pas dun eólico polo anverso e reverso, sen necesidade de parada”, o que supón maior rapidez na toma de datos e aforro, xa que non se para a produción.

Publicidade

Durante o último Mobile World Congress celebrado en Barcelona integrou para Samsung e Orange un dron coa tecnoloxía necesaria para realizar o primeiro voo 5G de España.

Ademais, lidera o sector audiovisual participando na rodaxe de películas, publicidade e series das principais plataformas como Netflix, HBO, BBC, Movistar e televisións nacionais como Telecinco, Antena 3, TVG e TVE retrasmitindo en directo os Sanfermíns.

Segundo informan desde a entidade, todo isto conleva un crecemento da facturación e o emprego contratando recentemente a alumnos da primeira promoción do Master interuniversitaro en operación e enxeñería de sistemas aéreos non tripulados da universidades de Santiago e Vigo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla