A Xunta lanza a aplicación PassCOVID para informar sobre a situación da pandemia

A App ofrece información actualizada sobre as restricións nos concellos e alertas ante concentración de contaxios

A aplicación PassCOVID creada pola Xunta para ofrecer información sobre cuestión relacionadas coa actual situación de crise sanitaria pode descargarse  polos cidadáns que o desexen en dispositivos con sistema operativo IOS (Apple Store) e próximamente tamén en Android (Google Play). Entre as funcións que inclúe a app figuran información actualizada da situación da pandemia, facilitar a comunicación de contactos estreitos en caso de ser confirmado positivo, e alertas de establecementos nos que se rexistren concentración de contaxios.

A aplicación pode empregala calquera persoa que que se atope en Galicia, sexa residente ou transeúnte. Está conectada directamente co Servizo Galego de Saúde PassCOVID e supón un instrumento de apoio á xestión da pandemia e unha canle de contacto telemática cos cidadáns. Con esta iniciativa Galicia suma unha nova ferramenta dixital para facilitar a colaboración cidadá na resposta a crise sanitaria.

Publicidade

PassCOVID ofrece datos actualizados

As persoas que descarguen PassCOVID poderán optar por facelo como usuarios identificados, empregando o sistema de claves concertadas Chave 365, ou facelo de xeito anónimo. En función do perfil que elixan a información que recibirán será máis ou menos personalizada.

Calquera usuario da aplicación terá acceso a información sobre a situación da pandemia en toda a Comunidade e poderá seleccionar o concello do seu interese para estar ao tanto das restricións o medidas que se adopten nese municipio. Ademais, todos os usuarios recibirán alertas, avisos e recomendacións que as autoridades sanitarias emitan sobre a evolución da Covid-19.

Publicidade

A persoa que se identifique empregando o Chave 365 recibirá información sobre se foi identificado como contacto estreito ou diagnosticado da COVID-19. Neste caso, poderá informar a través da app dos contactos estreitos ao Centro de Seguimento de Contactos do Sergas. Tamén recibirá no móbil o código para introducir na app estatal RadarCOVID e iniciar a comunicación a posibles contactos de proximidade que permite esa aplicación.

Neste labor de apoio á xestión da crise, a app facilita tamén o acceso ás ferramentas do Sergas para o seguimento da enfermidade en pacientes en domicilio, así como aos contactos estreitos e ao rexistro de viaxeiros para aquelas persoas que chegan á Comunidade procedentes dunha zona de alta incidencia do virus.

Para facilitar a xestión temperá de posibles contactos en establecementos, PassCOVID permitirá ao usuario rexistrar a través dun código QR aqueles establecementos nos que estivese.

Unha das funcións da app PassCOVID é a de avisar aos usuarios que estiveron nun establecimento no que se rexistraron contaxios

No caso de que a autoridade sanitaria determine que nun establecemento concentrouse un número de contaxios relevante nunha data ou datas concretas, poderá enviar un aviso á PassCOVID. Se un usuario da app estivo nese local e o rexistrou debidamente, recibirá un aviso da situación e as instrucións adecuadas.

Ademais, se a persoa é diagnosticada de COVID-19, poderá compartir co SERGAS a súa listaxe de establecementos e así colaborar coa xestión da pandemia. Esta funcionalidade irase activando progresivamente, comezando polos establecementos turísticos, que poderán descagarse o código QR a través da plataforma Turespazo.

Toda a información relativa a PassCOVID está dispoñible no portal passcovid.xunta.gal

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A iniciativa solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía

Da saúde á loita contra os incendios: estas son as máis de 20 iniciativas con uso de IA da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica anuncia dez proxectos en fase de produción, e o resto en desenvolvemento, pilotaxe ou proba

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía

A revolución intelixente da Xustiza galega: o Plan Senda 2028 propón un sistema máis inclusivo

O Goberno galego aproba unha estratexia que introduce a intelixencia artificial no sistema xudicial, ten unha xestión bilingüe co programa Atenea e dota de ferramentas tecnolóxicas ás 268 oficinas municipais