A Spin-off compostelá Situm gaña o premio Emprendedor XXI

A empresa Situm gañou a edición 2015 dos Premios Emprendedor XXI en Galicia. O galardón está impulsado por “la Caixa” e co-outorgado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Enisa (Empresa Nacional de Innovación), co obxectivo de recoñecer ós emprendedores máis innovadores de España. Na edición de Galicia, os premios están coordinados pola Xunta.

Logotipo de Situm.
Logotipo de Situm.

A entrega do premio estivo presidida por Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, e Marc Arthur Benhamou, director territorial de “la Caixa” en Galicia. Benhamou quixo recoñecer a actitude dos emprendedores que, “a pesar da crise decidiron saír a gañar a confianza da sociedade”. Isto implica, ao seu xuízo, “recuperar valores que parecen ter caído no esquecemento: esforzo, capacidade de sacrificio, compromiso, respecto, diálogo, humildade e aspiración e busca do ben común”.
Situm dedícase á venda dunha tecnoloxía multisensorial de localización de smartphones en interiores, que permite coñecer a posición do dispositivo nun edificio e ofrecer unha gran diversidade de servizos xeoposicionados. A compañía obtivo un premio en metálico de 5.000 euros e a participación nun curso de aceleración do negocio na Universidade de Cambridge, especialmente deseñado para emprendedores de todo o mundo, denominado Ignite Fast Track.

Situm disfrutará dun curso de aceleración de negocio en Cambridge

Ademais, durante un ano, “la Caixa” ofreceralle acceso ao programa de acompañamento que impulsa a súa xestora de capital risco, Caixa Capital Risc, e que dá apoio aos emprendedores na busca de mercados, sectores e persoas que poden ser claves para o desenvolvemento da súa empresa. O programa inclúe misións comerciais a Silicon Valley, Tel Aviv e Nova York para coñecer de primeira man os principais polos de innovación a escala mundial, así como actividades de formación e networking. Igualmente, os emprendedores participantes teñen acceso preferente a financiamento para empresas en etapas iniciais de Caixa Capital Risc e Enisa.
As empresas que quedaron finalistas foron:
Celtalga Extract: Dedícase á obtención de extractos acuosos (algas) con tecnoloxía de ultrasóns, cuxas características lles permiten dirixirse aos sectores alimentario, sector de complementos nutricionais e de cosmética natural certificada.
Latitude: Desenvolve ferramentas e solucións para que as marcas de moda poidan realizar as súas producións sostibles e de calidade
Made in Europe: rede de talleres, showroom de materiais sostibles, deseño, consultoría.
Nasasbiotech: Investigación, desenvolvemento e comercialización de dispositivos médicos para o diagnóstico, prognóstico e o control dos procesos metastásicos na enfermidade oncolóxica, mediante captura de células metastásicas.
Parkapp: web para que os usuarios encontren e reserven a oferta de aparcadoiro máis axeitada ás súas necesidades. Ademais, desenvolveu unha aplicación que xeolocaliza os aparcadoiros e conecta as barreiras co teléfono a través bluetooh permitindo o acceso e o pagamento directamente co móbil.
Como gañador da fase autonómica dos Premios Emprendedor XXI, Situm participará na fase nacional, na que competirá por un galardón de 20.000 euros que se dará a coñecer no mes de outubro, na gala oficial de entrega dos Premios Emprendedor XXI.

Publicidade

22 empresas galegas concurriron aos Premios Emprendedor XXI de ‘la Caixa’

Un total de 22 empresas galegas presentáronse en 2015 aos Premios Emprendedor XXI, considerada como unha das convocatorias de referencia para proxectos de innovación en España. Este ano, os premios alcanzaron a súa novena edición. Dende a súa creación, en 2007, un total de 3.925 empresas de nova creación participaron na iniciativa no conxunto de España.
Os Premios EmprendedorXXI son unha iniciativa impulsada por “la Caixa”, en colaboración co Ministerio de Industria, Enerxía e Comercio, a través da Empresa Nacional de Innovación (Enisa) dende o ano 2007. Forma parte das iniciativas de apoio ás empresas innovadoras con alto potencial de crecemento que leva a cabo a entidade financeira e que canaliza, fundamentalmente, a través da súa xestora de capital risco, Caixa Capital Risc.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a luz é máis que arte: iluminar para conservar o patrimonio de Santiago

Un estudo da USC confirma a eficacia dun novo sistema de iluminación ornamental, en cores ámbar e verde, para a conservación da arquitectura en pedra

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval

Sancha de Lobeira: como preitear contra o arcebispo de Santiago e saír gañando

Foi unha gran señora feudal que viviu entre os séculos XV e XVI e cuxa xestión patrimonial deixou fonda pegada nos concellos da Serra de Outes

Bosque de Conxo: o tesouro natural de Compostela ameazado polo cemento

Testemuña de acontecementos históricos, a ribeira do Sar no sur santiagués conservouse como unha fraga auténtica grazas a máis de cen anos de esquecemento