VARPA, intelixencia artificial ao servizo da sanidade e a industria

O grupo de investigación da UDC gaña o Premio Spin-Off PuntoGal na súa categoría

O grupo VARPA (Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns) é un dos grupos cunha traxectoria máis destacada de tódolos existentes nas universidades galegas dende a súa creación no ano 2005. Os seus logros no campo do procesamento de imaxes e os sistemas de intelixencia artificial levárono a conseguir o IV Premio Spin-Off PuntoGal no apartado de Grupos de Investigación, que se puxo en marcha nesta edición por primeira vez. A elección foi moi complicada dados os méritos presentados polas distintas candidaturas participantes pero sen dúbida que a elección de VARPA foi axeitada.

VARPA investiga para aplicacións en sectores diversos

VARPA está integrado no Departamento de Computación e Tecnoloxías da Información da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e está adscrito ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC). O grupo incorporouse tamén ao INIBIC (Instituto de Saúde Acreditado Carlos III) pola súa relevante traxectoria investigadora no ámbito clínico. Entre os seus moitos méritos está o de ser o primeiro grupo de investigación da UDC en recibir dúas patentes internacionais (EE. UU.).

Publicidade

Manuel González Penedo, coordinador do grupo e tamén actualmente director do CITIC, explica que o núcleo forte da investigación do grupo é a intelixencia artificial aplicada ao ámbito clínico, aínda que tamén opera noutras áreas. “Nos últimos anos estamos a aplicar os nosos coñecementos en microcirculación (veas e arterias dos ollos) para aplícalo nas enfermidades neurodexenerativas”, sinala. VARPA tamén desenvolve proxectos en radioloxía e no análise de imaxes. Nos últimos tempos traballa, por exemplo, nunha ferramenta web que permite analizar os dados dos pacientes de Covid-19 e predicir a súa evolución.

VARPA centra a súa actividade no desenvolvemento de programas informáticos de telemedicina para mellorar a prestación da atención, facilitando a colaboración entre os profesionais da saúde e permitindo o diagnóstico e o seguimento a distancia. Froito destes traballos participa en grandes proxectos colaborativos con empresas no ámbito da telemedicina multiespecialidade.

Publicidade

A maioría dos membros do grupo VARPA proceden das Matemáticas e da Enxeñería Informática, aínda que o coordinador procede de Físicas. González Penedo destaca que o grupo foi moi prolífico nos últimos anos no que se refire a patentes e a rexistro de ferramentas de software. Cara ao futuro o grupo continuará a actuar na parte clínica, xa que se seguen abrindo novas posibilidades de investigación tanto na parte de oftalmoloxía coma das enfermidades neurodexenerativas. De tódolos xeitos, VARPA tamén participa en proxectos que se aplican ao campo industrial, como as solucións de visión artificial para os aparatos de voos non tripulados.

No futuro o grupo seguirá a traballar nas novas posibilidades para investigar no campo da oftalmoloxía e das enfermidades neurodexenerativas

González Penedo agarda que o tsunami que supón a crise do Covid-19 tamén sexa unha chamada de atención sobre os problemas que segue a sufrir a investigación en España. “Non se trata só das cuestións que teñen que ver co financiamento senón que botamos en falta unha planificación a medio e longo prazo que permite desenvolver con tranquilidade os proxectos. Se necesita un plano estratéxico e resolver cuestións coma a captación dos recursos humanos e a planificación da carreira de investigador. A administración central tería que establecer unhas liñas mestras que logo deberían desenvolverse por parte das autonomías e coa colaboración dos propios grupos de investigación das universidades. É unha labor de todos”, conclúe o coordinador de VARPA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así se distribúen os recursos contra a demencia: este é o mapa por concellos en Galicia

A plataforma dixital Demgal permite localizar centros e servizos sociosanitarios en toda a comunidade e facilita a orientación de pacientes e familias

Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial

Pódcast | Industria intelixente: como construír a fábrica do futuro

O investigador do CITIC Óscar Fontenla Romero participa nun novo episodio de O Descodificador centrado no proxecto Casandra

Cando as máquinas teñen que decidir: o proxecto que deseña os robots do futuro

Un equipo liderado polo Centro de Investigacións en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, busca que os dispositivos fagan de forma autónoma o que os humanos pedimos