O Acelerador da USC busca proxectos que levar á empresa

O propósito do Acelerador de Transferencia da USC é levar a cabo as accións necesarias para cubrir a  fenda entre os resultados do que tipicamente se considera un proxecto de investigación e un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese para unha empresa ou outro axente externo, co obxectivo de aumentar as posibilidades de transferencia e polo tanto o seu valor. Con esta filosofía, o Acelerador de Transferencia mantén aberto ata o 9 de setembro o prazo para presentar propostas ao programa.

Promovido pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), o obxectivo do Acelerador, é avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando a súa transferencia ao entorno social e económico seguindo a práctica doutros referentes nacionais e internacionais. É un programa aberto aos Grupos de Investigación de todas as áreas de coñecemento que teñan identificado algún resultado de investigación con potencial de transferencia.

Publicidade

Para ser seleccionados polo Acelerador de Transferencia, son condicións esenciais que os proxectos identifiquen claramente a fenda existentes entre o resultados e o mercado, así como ter o compromiso dunha empresa para que, no caso de que os resultados obtidos no Acelerador sexan positivos, continúe co proceso de desenvolvemento do produto e/ou comercialización. Os proxectos contarán dende o primeiro momento co asesoramento do persoal técnico da AVTE e o financiamento podería oscilar entre 10.000 e 40.000 euros, durante un período de entre 3 e 9 meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos