Unha app permite os produtores calcular a madeira das parcelas

Ence puxo esta semana a disposición dos propietarios forestais unha app para móbiles e tabletas que inclúe unha calculadora da cantidade de madeira de eucalipto coa que conta unha parcela, tendo en conta varios datos, como son a altura total da árbore, o seu diámetro, a especie da madeira ou o número total de árbores por parcela.
Con iso, a empresa trata de apoiar o labor dos propietarios forestais facilitándolles unha ferramenta de traballo que lles axudará á xestión das súas plantacións e á toma de decisións. A aplicación inclúe ademais diversas informacións de interese.

A ferramenta de traballo facilitará a toma de decisións dos titulares das fincas

Os usuarios e usuarias que a descarguen nos seus teléfonos móbiles e as súas tabletas poderán, por exemplo, acceder a información sobre as subvencións que varios organismos forestais conceden aos produtores de madeira. Ademais, e de xeito moi sinxelo, máis de 120.000 produtores de madeira de eucalipto en Galicia poderán informarse sobre cuestións clave como a certificación forestal, un dos retos que afronta o sector e que está encamiñado a garantir que a xestión forestal se realiza de forma sostible.
Tamén da acceso a todo un apartado con consellos e técnicas para planificar o cultivo do eucalipto nas súas parcelas. A aplicación pode descargarse xa en Android a través de Google Play na páxina web www.compramosmadera.es, un sitio en internet pensado como canle exclusiva para os produtores forestais que queren poñer a súa madeira no mercado. Os usuarios de iOS poderán descargala do Apple Store nun prazo de dúas semanas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De Baiona á praia das Catedrais: o mapa das Bandeiras Negras de Galicia

Un informe de Ecoloxistas en Acción identifica seis puntos do litoral galego polos seus problemas de contaminación e mala xestión

Unha aplicación calcula as dimensións reais da onda de calor: o 92% dos municipios galegos están en alerta

O programa deseñado polo investigador Dominic Royé sinala a poboación afectada, os fenómenos activos e o índice de risco estimado

Dos ventos do sur aos eucaliptos vellos: os factores tras o primeiro grande incendio da tempada en Galicia

A combinación de factores no lume de Herbón-Padrón, con 350 hectáreas queimadas, confirma unha mudanza nos patróns de propagación

Vives nunha zona de risco de carrachas? Compróbao nesta aplicación

A plataforma Garrapata Alert combina ciencia cidadá e asesoramento experto para identificar especies e aconsellar no caso de picadura