Xoves 28 Marzo 2024

Start-ups de sectores con gran futuro participan nos Premios Spin-Off PuntoGal

Glecex, Data Monitoring, Innogando, Revertia, Psico VR e iBoneLab compiten polo galardón á mellor Idea Emerxente

Seis empresas novas de sectores diversos participan na IV Edición dos Premios Spin-Off PuntoGal no apartado de Idea Emerxente, que recoñece a aquelas compañías de recente creación que están a destacar pola posta en marcha dun proxecto innovador nos últimos tempos. A alta calidade das propostas presentadas é un dos aspectos que coinciden en destacar os membros do xurado destes premios que recoñecen o traballo das empresas e grupos de investigación vinculados ás universidades galegas que apostan dun xeito decidido pola innovación e a aplicación de novos coñecementos no seu traballo.

A biotecnoloxía, a Industria 4.0, a innovación aplicada ao benestar animal e as solucións de realidade virtual son algunhas das áreas nas que traballan as empresas candidatas a este apartado dos premios. As propostas de Data Monitoring, Glecex, iBoneLab, Innogando, Psico VR e Revertia son as seis que está a avaliar o xurado, que emitirá o seu veredicto nas próximas semanas.

Publicidade

Data Monitoring é unha empresa creada en 2017 que trata de dar resposta á crecente demanda de solución orientadas á Industria 4.0. A compañía asentada en Vilalba desenvolve unha ampla gama de dispositivos e aplicacións interconectadas para monitorizar máquinas e procesos en tempo real. Un dos obxectivos da empresa e fixar poboación nova no entorno rural. Nos últimos tempos están a traballar na comercialización de solucións innovadoras na loita contra a pandemia do Covid-19.

Glecex é unha start-up ourensá que traballa dende 2013 no desenvolvemento de extractos naturais que poden empregarse para a alimentación, a cosmética ou a nutracéutica. Nos últimos anos colaborou con decenas de empresas do sector primario galego para poñer no mercado produtos dun maior valor engadido baseados na biotecnoloxía. Na actualidade traballa cunha gama de produtos cosméticos viricidas para combater o Covid-19.

A empresa lucense iBoneLab naceu da experiencia do grupo de investigación de Ciruxía Experimental da Facultade de Veterinaria de Lugo. O seu traballo céntrase no análise da interacción dos tecidos duros do corpo (osos e dentes) con distintos tipos de biomateriais que pódense implantar. Na actualidade desenvolve seis liñas de negocio entre as que se atopan a elaboración de estudios preclínicos e a aplicación da norma ISO para obter a marcaxe CE.

Innogando tamén é unha empresa lucense adicada á innovación en saúde e benestar animal. O seu principal obxectivo e proporcionarlles aos gandeiros as tecnoloxías necesarias para mellorar a súa rendibilidade, produtividade e calidade de vida. Entre os proxectos que están a desenvolver atópase un sistema de identificación dos becerros que conta cunha app e un crotal auricular.

Pola súa banda, PsicoVR é unha compañía especializada na creación de contidos de Realidade Virtual (RV) na área sanitaria. Os seus proxectos utilizan tecnoloxía de vangarda para realizar simulacións, escenas virtuais ou recreación de escenarios e, deste xeito, programar auténticas experiencias interactivas en primeira persoa. A empresa está a traballar con clientes públicos e privados tanto dentro coma fora de Galicia.

Por último, Revertia é unha empresa que aposta pola xestión de aparellos eléctricos e electrónicas dende unha óptica circular xa que aposta pola súa reutilización ou a reciclaxe responsable. Un dos elementos diferenciadores desta start-up e o Análise de Ciclo de Vida dos seus procesos que permite cuantificar o beneficio ambiental obtido da reutilización. A compañía conta con sedes en Vigo e Madrid e participa en diversos proxectos europeos de innovación medioambiental.

A participación en proxectos multidisciplinares de I+D+I e as patentes rexistradas están entre os méritos que terá en conta o xurado

Os méritos aportados polas seis candidaturas están a ser avaliados polo xurado que terá en conta aspectos coma as patentes rexistradas, a participación en proxectos multidisciplinares de I+D+I ou as posibilidades de internacionalización das empresas participantes. Ademais, será un factor positivo contar con equipos onde a presenza da muller sexa relevante, tanto en número coma en xerarquía.

O xurado emitirá o seu veredicto a finais do mes de outubro, tanto na categoría de Idea Emerxente coma nas de Selo de Calidade e Grupos de Investigación, que tamén forman parte dos Premios Spin-Off PuntoGal. A entrega dos galardóns aos gañadores terá lugar antes de que finalice o ano nunha cidade galega por determinar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Saega, innovación permanente para destacar no sector dos drons

A empresa de Serra de Outes foi a gañadora na categoría Idea Emerxente dos Premios Spin-Off PuntoGal 2023

Hifas da Terra, a sostibilidade como forma de vida

A empresa gañadora do Selo de Calidade na VII edición dos Premios Spin-Off PuntoGal fai 25 anos como líder europea nos fungos medicinais

Hifas da Terra, Saega e Grupo LIA (2) reciben os premios Spin-Off PuntoGal de GCiencia

A alcaldesa de Santiago, o presidente da RACG e representantes das universidades galegas estiveron entre as autoridades que asistiron ao acto