Cumio nuclear na Coruña

A Coruña acollerá na vindeira semana un auténtico cumio atómico. A Sociedad Nuclear Española (SNE) celebra a súa 41 Reunión Anual, que se desenvolverá durante os días 23, 24 e 25 de setembro. Presentaranse máis de 350 relatorios técnicos, con temas  como enxeñería, I+D, seguridade nuclear, operación, mantemento ou aplicacións en medicina. Haberá unha exposición con 30 casetas nas que se atoparán representadas as empresas españolas que desempeñan a súa actividade, ou parte dela, no sector nuclear. Máis de 600 profesionais do sector asistirán a esta reunión. E reflexionarase sobre a definición da estratexia enerxética española, as necesidades de I+D+i ou as leccións obtidas do accidente da central xaponesa de Fukushima.

Logo da Sociedad Nuclear Española.
Logo da Sociedad Nuclear Española.

O sector nuclear proporciona en España da orde de 30.000 postos de traballo a tempo completo entre emprego directo, indirecto e inducido. A xeración de enerxía eléctrica de orixe nuclear en España, durante o ano 2014 foi de novo a fonte con maior contribución no balance enerxético, xerando un 20,5% do total consumido.
A Sociedade Nuclear Española defende que a enerxía nuclear debe ser unha das bases da xeración enerxética en España. De feito, consideran que contribúe a limitar o cambio climático inducido polo ser humano, xa que non xera CO2 nin outros gases de efecto invernadoiro. Neste senso, está entre as asociacións asinantes da Declaración de Niza, que o 4 de maio de 2015 foi ratificada por 40 asociacións nucleares, en representación de 50.000 profesionais do sector no mundo, baixo o lema ‘Nuclear for Climate‘.

‘Nuclear for Climate’ defende o papel das nucleares para frear o cambio climático

A Sociedade Nuclear Española foi constituída en 1974 e está composta por uns mil profesionais e institución co obxectivo declarado de “promover o coñecemento e a difusión da ciencia e a tecnoloxía nuclear”.
A SNE tenta promover un clima de opinión favorable á enerxía nuclear, unha fonte sempre controvertida, con partidarios e detractores. O accidente de Fukushima en 2011 avivou o debate, pero sobre todo a decisión meses máis tarde da canciller Angela Merkel, de adiantar o ‘apagón nuclear’ en Alemaña, que pechará todas as súas centrais atómicas no ano 2021. Esta decisión da locomotora económica europea abriu un debate que sen dúbida estará presente no congreso da Coruña. Aínda que non hai que esquecer que, no eido nuclear, non todo é enerxía. As aplicacións en medicina, hoxe básicas en tratamentos como os do cancro, tamén formarán parte da axenda da reunión coruñesa da SNE, na que exercerá como anfitriona Gas Natural Fenosa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cales son os mellores puntos para observar a eclipse de Sol na Coruña? Coñéceos neste novo visor

Trátase dunha ferramenta pública con 46 localizacións recomendadas para planificar mellor a experiencia astronómica do 12 de agosto

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de máis de oito metros

Meteogalicia acende o máximo aviso para o mércores, o laranxa para o resto do litoral e o amarelo en terra por abundantes precipitacións

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de ata 9 metros

O aviso por perigo extraordinario da AEMET estará vixente durante mércores e xoves, con forte mar de fondo e ventos intensos

O consumo de anguía en Nadal reabre o debate: “Hai que parar. Non se pode seguir pescando”

O investigador do IEO da Coruña David J. Nachón advirte da delicada situación das crías no río Miño, o único enclave de Galicia onde se poden capturar