Nace o Centro Internacional de Excelencia Hidráulica con 76 investigadores

Investigación para mellorar a xeración de electricidad hidráulica y mariña. É o obxectivo do Centro Internacional de Excelencia Hidráulica de Vigo (CIEH), inaugurado por Gas Natural Fenosa cunha forte inversión en equipos, persoal e proxectos, para achegar innovación ás instalacións do grupo en todo o mundo.

O reitor da UVigo xunto a representantes da Xunta  e de Gas Natural Fenosa.
O reitor da UVigo xunto a representantes da Xunta e de Gas Natural Fenosa.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou que o centro “reforza o compromiso de Gas Natural Fenosa coa innovación e o desenvolvemento das renovables en Galicia”. E considerou que fai de Galicia “o laboratorio desde o que se incorporarán melloras en todas as instalacións hidráulicas e mariñas da empresa no mundo, impulsando a innovación enerxética mediante o traballo coas universidades e os centros tecnolóxicos”.
O novo centro investigador supón traballo para 76 persoas, así como a implementación de 25 proxectos en I+D+i, parte dos cales xa se teñen levado a cabo, cun investimento de 23 millóns ata o ano 2017. “É un esforzo que xa ten implicado ás tres universidades, ao Feuga, e ao centro tecnolóxico Energy Lab, ademais de a varias empresas líderes, que están a contribuír para facer da innovación enerxética galega un referente a nivel mundial no eido hidráulico”, incidiu o conselleiro.

Un proxecto mellora a vida útil das centrais hidroeléctricas en vinte anos

Gas Natural Fenosa destacou que o traballo do CIEH xa ten acadado éxitos cos primeiros proxectos que puxo en marcha, mellorando a vida útil das centrais hidroeléctricas en vinte anos. “Esta alianza coa Xunta xa nos permitiu colocar en Galicia tanto a xestión das renovables do grupo como, especificamente, os seus activos hidráulicos a nivel mundial”, dixo Francisco Conde.
A Xunta comparte con Gas Natural Unión Fenosa outras liñas de actuación como a Unidade Mixta de Investigación que lle está a permitir a Gas Natural Unión Fenosa, a través do traballo con Energy Lab, impulsar a investigación de novos procesos, sistemas e servizos tecnolóxicos en relación co uso de gas natural e biometano para aplicacións de mobilidade marítima (como barcos) e agraria (como tractores), xerando investimentos por 2,2 millóns de euros .

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cidades nas que vivir

Un estudo analiza os patróns de xentrificación en Vigo, Santiago e A Coruña

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro