Xoves 25 Abril 2024

“Galicia ten que apostar pola especialización e por mellorar a empregabilidade da clase media”

O experto en emprendemento Carlos Barrabés ofreceu o pasado xoves unha charla en Santiago ante un grupo de empresarios reunidos por APD-Galicia (Asociación para o Progreso da Dirección) na que falou sobre cara a onde pode encamiñarse o futuro da economía nos próximos anos e cales son as fórmulas que as empresas e emprendedores deben aplicar para ter éxito no futuro.

Barrabés fala con coñecemento de causa porque foi o fundador dunha das primeiras webs de comercio electrónico do mundo no seu Aragón natal, e nas últimas dúas décadas asesorou a gobernos e institucións de diversas partes do mundo. Ademais, ten diversos cargos representativos, impulsou Step One, una aceleradora de negocios de Silicon Valley e participa en proxectos como a rede Teach for All ou Ashoka, primeira rede mundial de innovación en emprendeduría social.

Publicidade

Durante a charla Barrabés fixo un percorrido polas claves que, ao seu xuízo, van a marcar o futuro da economía a nivel global. No caso de Galicia, indicou que unha das claves para competir no novo mundo hipertecnolóxico e globalizado é apostar por dar unha mellor formación ás clases medias para facilitar a súa empregabilidade no futuro. Neste sentido apostou por unha reforma educativa na FP para dar paso a un modelo educativo masivo centrado nas áreas nas que Galicia poida ser competitiva.

O empresario tamén sinalou a necesidade de crear en Galicia grandes hubs especializados que fomenten economías de escala no seu derredor. Nesta liña indicou que, por exemplo, o mar podería ser un terreo no que Galicia teña unha vantaxe competitiva que se podería aproveitar neste sentido. “O importante é crear un hub nunha área na que podas chegar a ser un líder mundial, aínda que co paso dos anos so chegues a ser o segundo. Eses hubs xeran moita actividade na súa contorna. Galicia pode facelo como xa o están a facer noutros territorios semellantes, como ocorre en Finlandia por exemplo”, engadiu Barrabés.

“Galicia podería crear un hub nun sector como o do mar que xeraría moita actividade na súa contorna”

Na súa exposición inicial, o empresario indicou que no mundo das próximas décadas o foco estará posto no planeta, en lugar da tecnoloxía como pasaba ata aí pouco. Na súa opinión, as persoas, a innovación, as infraestruturas sostibles e a optimización dos recursos serán algunhas das claves do desenvolvemento económico do futuro.

No que se refira a tecnoloxía, Barrabés considera que o verdadeiro cambio de paradigma chegará coa implantación global do 5G xa que é unha innovación que va moito máis alá de mellorar a rapidez de internet. O 5G é o instrumento que permitirá un maior desenvolvemento de ferramentas como o internet das cousas, a realidade virtual ou a ciberseguridade, entre outras.

O empresario insistiu en que o carácter transacional da vella economía vai ser substituído por un modelo de negocio no que obxectivo fundamental será a sustentabilididade e o produto deixará de ser o eixe central para ser substituído pola experiencia. “O novo mantra vai ser a rede e o importante vai deixar de ser o factor individual. Unha das cousas importantes que haberá que facer é aprender a falar co software, algo que en USA e en China xa están a facer e aquí en Europa non. Non hai que deixar esta tarefa tan importante nos que chamamos friquis”, explicou Barrabés.

A pesares da complexidade da situación que se aproxima, Barrabés é optimista e cre que no futuro vai haber un mellor reparto da riqueza fronte ao que atopamos agora e apunta que é necesario facer que empresas como Google ou Booking compartan os beneficios e as posibilidades que xeran con máis xente e tamén que paguen máis impostos dos que afrontan na actualidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Laboratorio de redes de comunicación 5G & 6G de atlanTTic, deseñando o futuro

Felipe Gil Castiñeira, director do laboratorio, sinala o reto que enfrontan: crear unha rede piloto 5G-6G que converterá o campus de Vigo “nun espazo de investigación avanzado”

Cales son as vantaxes do 5G na industria? Así o estuda un equipo da UVigo

Os investigadores defenden que o uso de redes privadas permiten unha comunicación inmediata, estable e constante sen cables de por medio

atlanTTic recibiu a máis dun cento de persoas na súa xornada de portas abertas 

O centro de investigación da UVigo amosou os seus proxectos máis recentes e consolidados nunha actividade do programa Divulgando Ciencia Singular

O galego é a lingua cooficial cun menor desenvolvemento de tecnoloxía lingüística

Un informe de atlanTTic, incorporado ao European Language Equality, revela a brecha “crítica” respecto ao catalán e o éuscaro en recursos con datos multimedia ou do ámbito da saúde