Santiago presume das spin-off 'Cilenis' e 'Situm Technologies'

Un modelo de atención visual que imita o comportamento do ollo humano (cualificado como «o mellor do mundo» pola University of Southern California en 2013), algoritmos que contribúen a incrementar a eficiencia en procesos industriais ou unha nova tecnoloxía capaz de converter grandes cantidades de datos numéricos en linguaxe natural (utilizada actualmente por MeteoGalicia para xerar predicións meteorolóxicas textuais en todos os concellos galegos). Son só tres dos 16 exemplos que este venres coñeceron os asistentes ao encontro Inside the Lab do CiTIUS, unha xornada de presentación de tecnoloxía na que se amosaron os resultados de investigación únicos obtidos ao longo dos últimos anos nese centro singular da USC, moitos deles á vangarda da innovación mundial.

Un lector que imita o ollo humano é unha das estrelas do CiTIUS

O obxectivo fundamental desta demostración é presentar algunhas das solucións de alta calidade que actualmente nutren a oferta tecnolóxica do centro, con aplicacións en múltiples ámbitos da actividade industrial. O traballo desenvolvido nos laboratorios do  CiTIUS está a transformar resultados científicos en tecnoloxías innovadoras, o que representa unha extraordinaria oportunidade para o sector empresarial, xa que achega valor ao tecido produtivo e contribúe, deste xeio, á mellora da calidade de vida.
Nunha xornada de portas abertas, en total foron 16 demostradores científicos os que se mostrarán, incluíndo 2 spin-off do centro: Cilenis, especializada en tecnoloxías da linguaxe, e Situm, cuxo núcleo de negocio son as tecnoloxías de xeoposicionamiento en interiores. Toda unha exhibición de sistemas innovadores que abranguen ámbitos de aplicación tan diversos como a diagnose asistida a través de imaxe médica 3D, a utilización de sensores intelixentes en agricultura ou o control de calidade mediante a análise de imaxe espectral (entre moitos outros).
Con respecto ás empresas fundadas por investigadores do centro, foron os propios emprendedores quen presentaron os innovadores produtos comerciais que ambas as dúas startups teñen actualmente non mercado, defendendo ante os visitantes as vantaxes de apostar por estas compañías.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento