Nace Galicia Spin-off

Nace Galicia Spin-off. GCiencia, en colaboración co Banco Pastor, abre hoxe un novo espazo de información sobre as spin-off, as empresas que xurden das universidades para transferir a súa tecnoloxía e patentes; e que xa teñen un importante peso na economía e no emprego.
Galicia Spin-off é un novo sitio web que funciona como sección de GCiencia e tamén como microsite independente, na dirección www.galiciaspinoff.com. A través de novas, entrevistas, reportaxes e todo tipo de contidos informativos seguiremos a actualidade das spin-off das tres universidades de Galicia. As compañías creadas dende os centros de investigación de Santiago, A Coruña e Vigo caracterízanse pola súa base texnolóxica e a súa capacidade innovadora, e nos últimos anos son auténticos viveiros de emprendemento.

O Premio ‘Banco Pastor’ Galicia Spin-off ten as categorías ‘Selo de Calidade’ e ‘Idea Emerxente’

Ademais, as spin-off universitarias son boas xeradoras de emprego. De feito, a través delas, só a Universidade de Vigo ten creado 618 postos de traballo. E a de Santiago calcula máis de 400.
GCiencia e o Banco Pastor convocan ademáis o I Premio Galicia Spin-off, que recoñecerá ás mellores empresas deste eido do emprendemento. Na súa categoría Selo de Calidade, recoñecerá á spin-off galega que máis teña destacado nos últimos anos polo seu crecemento e resultados. Na categoría Idea Emerxente galardoará á empresa, proxecto ou iniciativa máis brillante xurdida dende xaneiro de 2014. O premio conta co apoio de Gadis como entidade colaboradora.
As bases da convocatoria deste premio de referencia poden consultarse neste enlace dee GCiencia e a través do noso novo sitio www.galiciaspinoff.com.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras

Cinco mozas galegas defenden na ONU un sistema para protexer o mar: “Aprendemos moitísimo”

Quitina é o nome do proxecto e o material biodegradable usado polas estudantes do colexio ourensá para substituír os palillos plásticos

Sete imaxes impresionantes (e premiadas) do mundo animal

O galardón de Fotografía Ambiental 2025 que outorga a Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco recoñece o traballo do español Ángel Fitor