Einstein e Hitler, o bo e o malo da historia universal

Adolf Hitler e Albert Einstein, o bó e o malo da historia universal.
Adolf Hitler e Albert Einstein, o bó e o malo da historia universal.

Que teñen en común Einstein, a Nai Teresa, Gandhi, Martin Luther King, Newton, Xesús, Mandela, Edison, Lincoln e Buda? Todos eles forman parte do Top 10 dos heroes da historia mundial, segundo un estudo con participación española que publica a revista Plos One. En canto aos viláns, os dez primeiros postos recaen en Adolf Hitler, Osama bin Laden, Saddam Hussein, George Bush fillo, Stalin, Mao, Lenin, Genghis Khan, Saladino, o emperador Quin e Napoleón.

A nai Teresa de Calcuta adianta a Xesucristo na clasificación.
A nai Teresa de Calcuta adianta a Xesucristo na clasificación.

Os resultados proveñen de preto de 7.000 estudantes de todo o mundo que avaliaron 40 figuras e sucesos históricos, nunha investigación con participación da Universidade do País Vasco. En total, participaron 6.902 estudantes universitarios, cunha media de idade de 23 anos, procedentes de 37 países como Arxentina, Australia, Paquistán, Corea do Sur, USA, India, Túnez, Italia, Xapón, entre outros lugares.
Os estudantes universitarios tiñan que avaliar do 1 ao 7 que positivos e negativos eran os sucesos e os personaxes presentados. O estudo bota un dato significativo: sobre os sucesos negativos hai un consenso claro sobre cales son os feitos negativos da historia universal. Pero este consenso non é tal cando falamos das figuras históricas.
“Sobre os viláns hai máis disparidade de opinións. Un mesmo personaxe pode estar moi negativamente avaliado nun país e pouco ou, mesmo, moi positivamente avaliado noutro lugar do mundo. Este sería o caso de Osama bin Laden, por exemplo”, di o investigador Darío Páez, un dos autores do traballo.
Outro dato significativo que amosa esta investigación é que cando aos enquisados se lles pedía que respondesen espontaneamente sobre quen era os personaxes importantes da historia, “estes daban nomes de líderes políticos e militares porque o que lles viña á cabeza era as guerras, os conflitos e as loitas polo poder”.
Tres científicos, Einstein, Edison e Isaac Newton, sitúanse no Top 10

Pero, cando as se lles convidaba a reflexionar, os mesmos estudantes daban máis importancia aos científicos e demais personaxes humanistas. “De igual forma, cando preguntabamos polos sucesos históricos, aqueles feitos con máis percorrido temporal como a revolución industrial, a revolución francesa ou o desenvolvemento da ciencia eran considerados tanto ou máis importantes que as guerras”, afirma Páez.
A herdanza cultural recibida dende a infancia e ao longo da nosa vida inflúe, segundo este investigador, na visión que temos da Historia. “Sobre todo esta variabilidade móstrase nos ‘viláns’ porque nos ‘heroes’ que se formularon neste estudo hai certo consenso cultural, a maioría concorda que Einstein Mandela son heroes. Por exemplo, a visión de Osama bin Laden é máis positiva na cultura árabe e moito máis negativa a de Bush fillo e, á inversa, se se ten en conta a cultura americana”, di Páez.
Se ben en case todas as culturas o vilán de referencia, o peor avaliado, é Hitler, hai unha variabilidade nalgunhas culturas que o avalían menos negativamente, “sobre todo nos viláns máis recentes como Saddam Hussein, Osama bin Laden ou George Bush fillo, este último, unha clara demostración da perda do poder simbólico da sociedade americana a nivel mundial”, conclúe Darío Páez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.