Galicia perdeu o 60% das súas empresas innovadoras en sete anos

O Foro Económico de Galicia propón duplicar o investimento en innovación en Galicia, tanto público como privado, pero faino apostan por un cambio de modelo en dous eixos. Por unha banda, aposta por centrar a innovación en sectores disruptivos e non obsolescentes, e por outra, aplicar máis investimento á innovación non tecnolóxica, é dicir, no referente a organización, sistemas de información, loxística, reciclaxe,… Na actualidade Galicia está a cola de España en investimento en I+D+i, co 0,87% do PIB, case tres veces menos que o País Vasco (2,12%), autonomía de semellante tamaño económico e poboacional a Galicia. Estas son as conclusións que se recollen no estudo I+D+i empresarial en Galicia, dez mensaxes e unha proposta, presentado este luns en Vigo e asinado polo profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing e membro do grupo REDE Xosé H. Vázquez.

A innovación española perde posicións na Unión Europea.

Neste traballo analiza os problemas e virtudes da innovación nas empresas galegas e destaca catro importantes peculiaridades da innovación nas empresas galegas. A primeira delas é que a I+D+i está centrada en sectores obsolescentes; a segunda fai referencia a que a innovación procede de procesos de aprendizaxe na empresa e non da I+D académica; a terceira é que a metade das empresas que incorporan vantaxes de innovación son industrias manufactureiras e, finalmente, as empresas invisten moi pouco en innovación que non sexa tecnolóxica.

Publicidade

O traballo sobre a innovación empresarial galega revela que, durante a recesión económica (2007-2014) Galicia perdeu o 60% das súas empresas innovadoras, o que se traduce en 1505 empresas pechadas ou trasladadas, e este descenso deixa o numero actual de empresas innovadoras en tan só 997 compañías. Nos indicadores de alta tecnoloxía, Galicia presenta 106 empresas manufactureiras e 147 empresas de servizos cun gasto en I+D+i conxunto de 125 millóns de euros en 2014. O mesmo indicador referido ao País Vasco sinala un investimento de 698 millóns de euros (cinco veces máis que Galicia) en 773 empresas.

O estudo afirma que o I+D+i en Galicia está centrado en sectores obsolescentes

O estudo detalla que o 17,4% das empresas galegas dispoñen dalgunha Tecnoloxía Facilitadora Esencial (TFE), se ben a metade destas empresas están no sector de industrias manufactureiras. No gasto medio das empresas innovadoras, Galicia non está tan mal situada (7ª no ránking de España), se ben o índice de innovación sitúa nos dous primeiros postos a industrias de produtos químicos e de maquinaria, moi por diante de sectores máis disruptivos como información e coñecemento, reciclaxe, loxística, organización ou márketing.

Publicidade

“A innovación das empresas galegas non está orixinada tanto na I+D como nun proceso de aprendizaxe e combinación de outras innovacións nas propias empresas”, subliña Xosé H. Vázquez, profesor da Universidade de Vigo e experto do Foro Económico de Galicia en innovación industrial. Vázquez sostén que as empresas galegas deberían centrar máis a súa innovación en procesos non tecnolóxicos, enfocándose a innovar en procesos de organización, reciclaxe de materiais, loxística ou sistemas de información.

1 comentario

  1. O que estamos a facer é que as novas xeracións no queiran emprender. Están acostumadas a traballar para terceiros e montar a súa empresa e cousa moi lonxana. Nas Universidades tampouco ensinan nada ó respecto. Moito hai que aprender doutros países como EE.UU

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

Unha tatuaxe para curar as uñas: a técnica galega para mellorar o tratamento das enfermidades ungueais

Un equipo da USC desenvolve un método minimamente invasivo que aumenta a eficacia terapéutica para patoloxías como a psoriase

Galicia será a primeira comunidade en contar cun centro de radioterapia de precisión no prazo dun ano

O Centro de Protonterapia de Santiago poderá atender anualmente ata 250 pacientes con cancros de especial complexidade

Ciencia e cooperación para unha alimentación sostible: os resultados de Net4Food

A rede de colaboración entre Galicia e Norte de Portugal continuará a través do Iberian Food Lab