As recomendacións para previr contaxios nos comercios e oficinas

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, dependente da Xunta, distribúe unha guía de prácticas específicas para o sector

A reactivación progresiva da actividade económica despois da fase aguda da pandemia da covid-19 obriga a tomar todas as precaucións precisas para evitar posibles rebrotes nos centros de traballo. Os locais comerciais ou as oficinas, onde as persoas adoitan compartir espazos pechados, requiren de medidas específicas para reducir este risco ao mínimo. Para isto, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou e distribuíu a estes e outros sectores con recomendacións para a prevención ante o coronavirus.

Grupos de risco, hixiene e distancia social

A documentación, consensuada co propio sector, recolle medidas a ter en conta antes de ir traballar, como identificar ás persoas sensibles, non acudir en caso de febre ou síntomas respiratorios ou facer desprazamentos, preferentemente de xeito individual. Tamén se incide na distancia de seguridade que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal, adoptar medidas de barreira nas zonas de atención ao público e controlar o aforo no espazo, organizando a entrada por quendas e indicando un horario de atención preferente a maiores de 65 anos.

Publicidade

Recomendacións sobre distancia de seguridade recollidas na guía.

En canto á hixiene e limpeza, o documento incide no lavado frecuente de mans, evitar tocar nariz, ollos e boca, cubrir as vías respiratorias cun pano de un único uso ao tusir ou esbirrar, así como limpar e desinfectar espazos frecuentemente (mostradores, pomos, probadores…), ventilar frecuentemente, protexer o produto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación e uso de máscara hixiénica ou cirúrxica durante a estancia no comercio, sendo obrigatoria sempre que non sexa posible manter a distancia de seguridade de dous metros.

Tamén se recollen medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños, e fomentar o pago por medios electrónicos así como o comercio online. O Goberno galego insiste tamén na importancia de empregar material recomendado polas autoridades sanitarias, entre o que non se atopa o ozono.

Publicidade

Dentro da campaña de divulgación e información de comercio seguro, enviaranse elementos informativos para colocar nos mostradores dos establecementos que levarán recomendacións da Xunta. A campaña poderase comunicar e visibilizar a través das redes sociais co lema #SeguimosAdiante.

Aquí podes descargar a guía

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que o hantavirus esperta os medos da pandemia: “A covid deixounos unha memoria emocional”

Os psicólogos galegos Fernando Vázquez, Paula Marcos e Rosa Cerqueiro analizan como o cerebro atribúe riscos a escenarios actuais baseándose en experiencias pasadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

Máscaras FFP2 como norma permanente en sanidade? Isto é o que din os expertos

Máis de medio cento de científicos solicitan á OMS que estableza a protección respiratoria de alta filtración como estándar en todas as contornas clínicas

O frío adianta a tempada de gripe en Galicia: o que debes saber ante o aumento de casos

As hospitalizacións aumentan a 182 na última semana mentres o goberno galego activa medidas do Plan sanitario de inverno ante a aparición temperá de virus respiratorios