Idea e socios, claves do éxito para conseguir un proxecto europeo

Algunhas convocatorias europeas para proxectos de I+D teñen un ratio de éxito entre o 5% e o 10%, polo que resulta imprescindible unha preparación previa minuciosa e realista das propostas, asegurando que se adapten aos requirimentos dos programas tanto na idea, como na definición da mesma, na planificación e nas liñas de execución.

Para evitar o traballo en balde da comunidade investigadora en proxectos que non encaixen nas convocatorias europeas, a Área Técnica de I+D+i da Universidade de Vigo organizou unhas xornadas de formación sobre a definición de ideas en proxectos europeos.

Publicidade

Mayte Carracedo.
Mayte Carracedo.

A formación correu a cargo de Mayte Carracedo, de Econet SL, unha consultoría especializada na xestión deste tipo de convocatorias de financiamento. A experta remarcou que é prioritario determinar que a idea do proxecto “encaixa” nas bases das convocatorias europeas, que adoitan esixir proxectos non só innovadores, senón tamén ser transnacionais, é dicir, “que aínda que respondan a unha problemática ou necesidade dun estado membro, os seus resultados sexan exportables e replicable noutros países”. Neste sentido, Carracedo lembroulles a os investigadores que poden ter “un proxecto moi bo, pero que non encaixe nunha convocatoria europea, e si se podería executar a nivel local, rexional ou estatal”. É por isto, polo que a consultora remarca a necesidade de clarificar o encaixe europeo do proxecto, xa que doutro xeito, inverteríase moito tempo e traballo en preparar unha proposta que non resultaría aprobada. De feito explicou que convocatorias como Horizonte2020 teñen un ratio de éxito entre o 5% e o 20%, nalgúns casos, e outros como Interreg, están entre o 20% e o 25%, “o que nos amosa o nivel de excelencia que se esixen estes programas”.

Mayte Carracedo remarca que todo o tempo dedicado á análise previa da viabilidade como proxecto europeo é un “tempo moi ben aproveitado”. Para saber se encaixa “debemos preguntarnos se ten un valor engadido europeo no tocante a innovación, analizar o partenariado ou os socios do consorcio que precisamos, abrirnos aos beneficiarios potenciais da nosa idea para que sexan partícipes do proxecto, analizar a capacidade de cofinanciamento, xa que Comisión Europea só achega unha parte, e asegurarnos de que se trate dunha idea orixinal, que poida achegar resultados claros e aplicables e que poidan ser avaliables”. Entre todos estes “imprescindibles”, a experta sinala dous puntos claves: a definición da idea e a elección dos socios, “neles reside a clave do éxito”.

Publicidade

A definición da idea e a elección dos socios son claves para ter éxito

Tamén aconsellou aos investigadores e investigadoras comezar participando como socios dun proxecto europeo, para acadar a experiencia previa que permita ao grupo liderar un consorcio no futuro. Por outra banda, a nivel práctico dixo fincapé nos beneficios de contar cunha base de datos de entidades, organismos e empresas que se poidan converter en potenciais socios dun proxecto, prestando especial atención á procura dun partenariado transnacional.

Se ben Carracedo comezou destacando que as convocatorias europeas non son a opción máis acaída para todas as ideas de I+D, explicouno a través dos pros e contras dos programas da Comisión Europea. Entre os principais beneficios remarcou a visibilidade e o prestixio que supón ter éxito en convocatorias europeas, e lembrou que na actualidade a excelencia das universidades mídese, en boa medida, pola cantidade de investigadores do programa ERC que teñan. Lembrou tamén que os proxectos comunitarios crean un espazo de traballo europeo, permiten acadar financiamento para ideas innovadoras e implementar ideas arriscadas, crea redes de traballo transnacionais e fomenta o intercambio de experiencias.

Pero Carracedo amosou tamén os contras deste tipo de convocatorias que, por exemplo, non financian o traballo previo antes da aprobación/denegación do proxecto e xeran inseguridade sobre o financiamento e a viabilidade dos resultados. Tamén remarcou que este tipo de proxectos son unha carga de traballo extra e requiren un esforzo grande para coordinar un consorcio internacional, adaptándose ao mesmo tempo ás normativas europeas, ás que moitas institucións non están afeitas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

Vigo como referente aeroespacial: o lanzamento da misión BIXO permitirá estudar a vida no espazo

O equipo de UVigo SpaceLab, apoiado por Zona Franca, analizará durante nove meses o comportamento de bacterias en condicións de microgravidade e radiación

A UVigo valida no Álvaro Cunqueiro unha tecnoloxía pioneira para medir a calidade do aire en tempo real

A solución, aplicada nunha sala de espera do hospital vigués, combina sensores de baixo custo e algoritmos avanzados

O sueste de Ourense, entre as áreas de España con maior probabilidade de sufrir grandes lumes

Un estudo da UVigo baseado en máis de 120.000 simulacións alerta do impacto do cambio climático na evolución e intensidade dos incendios forestais